A biodiversidade , segundo o Convenio Internacional sobre a Diversidade Biolóxica , é o termino polo cal se fai referencia á ampla variedade de seres vivos no conxunto da biosfera e os procesos naturais que a conforman, resultado de miles de millóns de anos de evolución.
Actualmente, estamos entrando na era da “sexta extinción” na que a perda de biodiversidade presenta cifras cada vez máis alarmantes: a taxa de extinción de especies non deixa de aumentar de xeito exponencial.
Dende un punto de vista máis antropocéntrico, a biodiversidade nos ecosistemas terrestres é imprescindible para o mantemento de servizos ecosistémicos como, por exemplo, a polinización, a conservación de solos e auga saudables, o control de pragas, a conservación de hábitats para a vida salvaxe, etc.
A continuación, coma en cada ODS, compartimosvos un resumo das metas plantexadas na Resolución Oficial da Axenda 2030:
As medidas que deben ser tomadas, son extremamente urxentes. Neste contexto, o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas é un chamamento á protección e á reactivación dos ecosistemas de todo o mundo, en beneficio das persoas e da natureza. Pretende frear a degradación dos ecosistemas e fomentar a restauración ecolóxica .
” Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de subsistencia das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade”.
A década das Nacións Unidas vai do 2021 ao 2030, que tamén é a data límite para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o cronograma identificado polos científicos como a última oportunidade para previr un cambio climático catastrófico.
#act4sgds