Durante este mes de Marzo, estivemos a celebrar unha nova edición do Mes da Natureza en Nigrán, xunto con teatro do Ar, e a colaboración do concello de Nigrán.
En total organizamos 17 actividades gratuítas, elaboradas durante todo o mes, dirixidas ás escolas, á veciñanza e ás familias de Nigrán, para desfrutar con cultura do noso patrimonio material e inmaterial.
Obradoiro familiar: Correde pitiñas!
Comezamos a primeira actividade cun xogo participativo dirixido á cativada, onde tiveron que atopar unha galiña desaparecida dunha veciña de Nigrán…durante esta viaxe foron coñecendo outros animaliños, en perigo de extinción en Galicia.
Foi moi divertido e ó final a galiña apareceu! : )
Feira de natureza
Unha das novidades deste ano foi a Feira da Natureza. Un evento que nos axudou a coñecer a artistas e emprendedores de Nigrán. Contamos con 12 postos de persoas marabillosas que souberon amosarnos o seu arte e a súa dedicación no coidado da natureza. Tivemos viño natural, ilustracións, literatura, deseño de roupa, traballos con madeira, xoias feitas a man…
Unha verdadeira pasada o que facedes!
Durante a feira tamén tivemos unha charla da man de Mycogalicia. Explicaronnos como adican o seu traballo a promover a mellora forestal potenciando o desenvolvemento rural dende a Micoloxía, a Botánica e outros campos do medio ambiente.
E seguindo coas actividades do mes, non faltaron nesta edición os obradoiros de natureza e teatro nas hortas urbanas municipais. Pasámolo bomba inmprovisando historias divertidísimas e facendo tintes naturais con flores silvestres!
Este ano vímonos na obriga de adiar algunas actividades debido ó clima. Así que cambiamos a data para poder facelas máis adiante.