O 25 de setembro de 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. Hoxe en día, un terzo do tempo de aplicación deste chamamento global xa pasou. Cal é a situación actual no territorio galego?
Para descubrilo, estamos realizando unha reportaxe para escoitar as persoas que traballan coa Axenda no seu día a día en Galicia.
Cales foron os logros acadados nestos 5 anos de Axenda 2030?
O obxectivo desta reportaxe é visibilizar as boas prácticas en materia de aplicación da Axenda 2030 por parte dos diferentes axentes da sociedade. Nesta primeira parte da reportaxe, falaremos coas deputacións pertencentes ás catro provincias galegas e, tamén, con aqueles concellos que están sendo pioneiros na aplicación dos ODS no territorio galego.
Mentras realizamos esta reportaxe, compartimos con vós a serie divulgativa “Axenda 2030 e ODS”, realizada pola cooperativa en colaboración coa Universidade de Vigo.
O 25 de setembro de 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. A Axenda propón 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) con 169 metas integrados e indivisibles que cobren os tres eixes da sostibilidade: o eixe económico, o social e o ambiental.
É recoñecida como un plan de acción a favor das persoas, do planeta e da prosperidade, que tamén pretende reforzar a paz universal e o acceso á xustiza.
Implica un chamamento á acción global durante os vindeiros 15 anos (dende o 2015 ao 2030). Ao adoptala, os Estados comprometéronse a mobilizar os medios necesarios para a súa aplicación. Polo tanto, esta folla de ruta global acolle un compromiso común, voluntario e universal no que cada país enfronta retos específicos na busca dun Desenvolvemento Sostible. Cada un deles establecerá os seus propios obxectivos nacionais, vinculados aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Cal é a finalidade dos ODS?
Os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible entraron en vigor oficialmente o 1 de xaneiro de 2016. Con estes obxectivos universalmente declarados, os países intensificarán os seus esforzos para acabar coa pobreza en todas as súas formas, reducir a desigualdade e loitar contra o cambio climático, garantindo, ao mesmo tempo, que ninguén se deixe atrás.
Os 17 ODS inclúen, entre outras cousas, a erradicación da fame e a seguridade alimentaria; garantir unha vida sa e unha educación de calidade; lograr a igualdade de xénero; garantir o acceso á auga e á enerxía; promover un crecemento económico sostible; adoptar medidas urxentes contra o cambio climático; promover a paz e facilitar o acceso á xustiza.
Os ODS como oportunidade de cambio
Os ODS elaboráronse durante máis de dous anos de consultas públicas, a interacción coa sociedade civil e as negociacións entre países . Aínda que os ODS non son xuridicamente vinculantes, espérase que os gobernos os adopten como propios e establezan marcos nacionais para alcanzar as metas propostas. Os países teñen a responsabilidade primordial de supervisar e revisar os avances realizados no cumprimento dos ODS, para o que será necesario recoller datos de calidade, accesibles e oportunos.
Axenda 2030 en Galicia
Hoxe en día, un terzo do tempo de aplicación dos ODS xa pasou. Cales foron os logros durante estos cinco anos de Axenda 2030 en Galicia?
Para descubrilo, estamos realizando unha reportaxe durante o mes de marzo 2021, para falar en primeira man coas persoas que traballan coa Axenda 2030 cada día.
Que institucións públicas traballan coa Axenda 2030? Que se está facendo a nivel municipal? Que empresas están contribuíndo aos ODS? Cales foron os logros acadados nestos 5 anos de Axenda 2030? Pronto compartiremos as respostas!
Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Ver Política de cookies