fbpx

SomosTerra é unha cooperativa galega que ten por obxectivo educar, sensibilizar e implicar aos diferentes axentes da sociedade para activar a sostibilidade no territorio.

Traballamos por impulsar a transformación socioecolóxica na realidade local a través de proxectos para a cooperación local e a participación social.

Axenda 2030 como ferramenta estratéxica

Unha das principais fórmulas que empregamos consiste en incluír a Axenda 2030 como ferramenta para a creación de proxectos que contribúen cos  Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Para conseguilo, construímos “pontes” entre as institucións públicas e a poboación local. Desenvolvemos a diagnose participativa para escoitar as necesidades da cidadanía, a súa opinión sobre as problemáticas que detecta na súa contorna ou aqueles desexos que ten para conservar o territorio.

Así, deseñamos e coordinamos proxectos de cooperación local para activar a transformación socioecolóxica no territorio galego. Tamén ofertamos formación online en temáticas vencelladas aos diferentes ámbitos da sostibilidade.

Queres saber máis ?

Podes visitar a sección de Axenda 2030 no noso caderno de bitácora.

Proxectos activos!

Iniciativas dirixidas á cidadanía

Bosque comestible

Voluntariado europeo

Voluntariado local

Hortas colaborativas

Roteiros

Ollo con Nigrán 2026

Iniciativas pasadas

Mes da natureza 2025

Mes da natureza 2024

Mes da natureza 2023

Campamentos

Guías informativas

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad