fbpx

Percorrido

Así comezou todo

A alarmante situación de emerxencia climática trae consigo abundantes montañas de tristeza e frustración. Estes sentimentos poden chegar a ser paralizantes, profundamente dolorosos e, inclusive, poden arrebatarnos todo ápice de esperanza. Porén, son precisamente estes sentimentos os causantes de que hoxe esteamos a falar sobre a cooperativa SomosTerra.  

As promotoras deste proxecto xuntámonos fai case dous anos por compartir a mesma necesidade imperante: “facer algo polo planeta”. Con este obxectivo, presentámonos á convocatoria INCUVI-Emprende da preincubadora de negocios da Universidade de Vigo en xaneiro do 2018, e, co proxecto para a creación dun negocio sostible, resultamos gañadoras. Así comezou a viaxe de ser emprendedoras, esa viaxe na que continuamos inmersas con absoluta paixón. 

Un ano despois, en xaneiro de 2019, tivemos a oportunidade de participar no ES-CONECTA (unha aceleradora de economía social dentro do Programa de Cooperación Interrexional POCTEP-LACES) que nos permitiu profundar no modelo de negocio e concretar o proceso de constitución de SomosTerra como unha sociedade cooperativa galega xuvenil sen ánimo de lucro.

En xullo de 2019 resultamos seleccionadas para formar parte do IV INCUVI-Avanza, que consiste na iniciativa de apoio á consolidación dos proxectos máis viables entre aqueles que fixeron o seu paso polo programa INCUVI-Emprende. A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo proporcionounos un servizo de asesoramento personalizado coa consultura Blubusiness, unha axuda económica para subvencionar custos relacionados coa constitución como empresa, así como un espazo de traballo durante 12 meses en Porto do Molle.

CONSTITUCIÓN DA COOPERATIVA

En decembro 2019 rematou o proceso de constitución da cooperativa como

SomosTerra Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Sen Ánimo de Lucro.

Raquel G. Villar e Eva L. Quiroga, promotoras da cooperativa SomosTerra no ano 2019

Dende ese momento, levamos a cabo obradoiros vinculados coa sostibilidade en centros educativos da contorna do Val Miñor e puxemos en marcha o “Programa de Formación e Voluntariado Axenda 2030 Axentes do Cambio” na Universidade de Vigo. Estas actividades ocuparon o noso tempo ata o 13 de marzo, momento no que a nosa actividade presencial, así como todos os proxectos programados para a primaveira, tiveron que ser cancelados por mor da crise sociosanitaria orixinada pola COVID-19.

Comezou entón unha época de reflexión interna, onde profundamos no propósito da cooperativa e nos procesos internos precisos para adaptarnos á nova realidade. Dende entón tomamos a decisión de adentrarnos no mundo dixital, proceso no que continuamos aprendendo. Durante estos meses, en colaboración con Laura Magalhaes, tamén deseñamos os proxectos de CooperAcción que actualmente (novembro 2020) comezamos a desenvolver.

Primeira Xuntanza Dixital coa.xente.do.cambio.

VIII CONGRESO INTERNACIONAL DE AGROECOLOXÍA

En xullo de 2020 tivemos a oportunidade de compartir espazo con Steve Gliessman, sendo moderadoras na palestra maxistral “Agroecoloxía: unha historia de resistencia aínda en proceso”, durante o VIII Congreso Internacional de Agroecoloxía.

SEMANA GLOBAL DE ACCIÓN POLOS ODS

En setembro 2020, organizamos novos eventos dixitais na semana de Acción polos ODS:

RE-ACCIONA AXENDA 2030 e SIMPOSIO ODS EN ACCIÓN.

RE-CONECTA

En outubro 202o, participamos no RE-CONECTA LACES INTERREG, que consistiu nun conxunto de actividades de networking para as iniciativas de economía social que participaron no proxecto LACES, no que compartimos experiencias, recursos e coñecementos e aproveitamos sinerxías para impulsar novos proxectos.

AGROECOLOXÍA ESCOLAR

En outubro 2020 presentamos a comunicación “Expandindo a Agroecoloxía escolar dende as comunidades educactivas” nas Xornadas Técnicas da Sociedad Española de Agricultura Ecolóxica/Agroecoloxía.

Esta comunicación forma parte do proxecto para a CooperAcción Agroecoloxía na Escola“, que deu comezo en novembro desde mesmo ano. Podes consultar este proxecto aquí.

VI ENCONTRO CULTURA E CIDADANÍA

En novembro 2020 SomosTerra formou parte dos proxectos seleccionados para o VI Encontro Cultura e Cidadanía, organizado polo Ministerio de Cultura e Deportes.

INCUVI CONSOLIDA

Por último, como novidade máis recente, fumos seleccionadas para formar parte da primeira edición do INCUVI CONSOLIDA, convocatoria dirixida a proxectos emprendedores gañadores previamente do INCUVI AVANZA.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad