fbpx

Coñecendo ás socias da cooperativa

Raquel

Son bióloga especializada en Neurociencia pola Universidade de Vigo.  A miña experiencia baséase na educación, con gran fincapé na educación en valores, sobre todo, de carácter  ambiental a través de diferentes obradoiros e actividades. Dentro da Cooperativa SomosTerra son educadora ambiental, divulgadora científica  e coordinadora de proxectos.

23

Eva

Son bióloga especializada na Xestión do Desenvolvemento Sostible pola Universidade de Vigo. Comecei a miña carreira profesional como investigadora na  da xestión sostible dos residuos orgánicos, con especial fincapé na optimización do proceso de vermicompostaxe. A miña inquietude por protexer o territorio local levoume a participar en proxectos europeos vinculados ó medio rural; tanto na liña de emprendemento sostible, como en plans para combater o fenómeno de despoboación. Actualmente volco esta pasión na cooperativa SomosTerra como consultora en sostibilidade, divulgadora científica e coordinadora de proxectos de acción local. 

Diana

Son técnica de proxectos de horta ecolóxica e mestre composteira. O meu punto forte na cooperativa é o programa educativo Agroecoloxía na escola. Construción, mantemento da horta e acompañamento á cativada na plantación, coidado e resolución de problemas... a horta non é unha ciencia exacta... como a vida!

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad