fbpx

II Edición do Programa de Voluntariado “Axenda 2030 Axentes do Cambio” na Universidade de Vigo

Esta semana comezamos a II Edición do Programa de Voluntariado Axenda 2030 Axentes do cambio, en colaboración coa Universidade de Vigo. Este ano, co mesmo obxectivo, pero incorporando a modalidade dixital.

Durante a I Edición deste programa, as actividades foron realizadas de xeito presencial. As persoas participantes deron a coñecer nos seus respectivos campus aAxenda 2030: a folla de ruta asinada polos países membros da ONU para facer fronte aos retos  sociais, económicos e ambientais da globalización, poñendo no centro as persoas, o planeta, a prosperidade e a paz. Consistiu nunha campaña de sensibilización que comprendía postos informativos, actividades divulgativas, retos e obradoiros.

Este ano, os axentes do cambio son persoas soñadoras, comprometidas e conscientes de que a forma na que vivimos está mudando xa e que ante o paradigma global, a Axenda 2030 é unha folla de ruta para accionar o cambio.

Hoxe celebramos a primeira reunión oficial. Nas próximas semanas seguiremos informando!

#AxentesdoCambioEnAcción

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad