fbpx

Introdución á compostaxe

Dende que a humanidade puxo en práctica a agricultura, os campesiños aseguraron a fertilidade dos seus campos facendo uso da materia orgánica producida polos animais e vexetais das súas propias granxas. Esta técnica estaba baseada no que ocorre na Natureza sen a axuda do ser humano, onde a materia orgánica de plantas e animais, mestúrase no chan, descomponse e aporta os seus nutrientes á terra da que se alimentan de novo as plantas.

Despois da II Guerra Mundial, esta práctica foi abandonada nos países máis enriquecidos, sendo substituída por fertilizantes químicos producidos a partir da enerxía derivada do petróleo. Resultou que toda esa materia orgánica que antes regresaba a nutrir a terra, comezou a quedarse inutilizada nos contedores das cidades, na maioría dos casos, mezclada con outros tipos de residuos como plásticos, imposibilitando o seu regreso á terra e incrementando o volume dos vertedoiros, ou mesmo xerando gases de efecto invernadoiro como consecuencia da súa incineración.

Parécevos lóxico? Eu penso que non, non hai ecoeficiencia nesta situación e por iso é tan importante promover os sistemas de compostaxe hoxe en día. Existen diferentes opcións, explicaremos 3 modelos:

Por unha banda, a compostaxe doméstica, que consiste en que cada persoa ou familia teña o seu composteiro de forma autoxestionada.

Outra opción, é a compostaxe comunitaria, que é un modelo especialmente atractivo para a realidade galega. Este modelo consiste en establecer “illas de compostaxe” que son utilizadas pola veciñanza e revisadas por mestres e mestras composteiros. Destaca como caso de éxito o modelo de Allariz, e tamén o modelo impulsado polo programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

O terceiro modelo sería o modelo de planta de compostaxe.

→ Pero como funciona o proceso de compostaxe, como se fai?

O proceso de compostaxe consiste nunha técnica mediante a cal créanse as condicións necesarias para que, a partir de residuos orgánicos, os organismos descompoñedores fabriquen un abono de elevada calidade, coñecido como “compost”. 

Isto das condicións necesarias é sinxelo de explicar mediante unha metáfora. Cando queremos facer un biscoito, temos que ter uns ingredientes concretos, unha temperatura concreta no forno, un tempo de coción bastante definido, e demais factores. Pois para facer compost na casa ocorre o mesmo. 

En primeiro lugar, os ingredientes. Precisamos dous ingredientes principais:  material húmido e material seco. O material húmido serán por exemplo restos de fruta e verdura, bolsas de infusións (sen plásticos), posos de café, restos de plantas e cáscaras de ovo. O material seco será o material estruturante. Ten unha labor esencial no proceso: ademais de aportar carbono, tamén facilitan a aireación dentro da composteira. Recordemos que a compostaxe ten lugar en condicións aeróbicas, é dicir, con dispoñibilidade de osíxeno. Se non hai aireación na mezcla, poden aparecer olores desagradables como consecuencia da descomposición anaeróbica dos materiais. Entón, importante engadir material seco como restos de poda, virutas de madeira, restos de follas secas, cachos de cartón, etc. 

.

→ Moita xente pensa que cheira mal, que é difícil de conseguir un compost de calidade. De que factores depende todo isto?

Depende de 3 factores principais:

Aireación: Xa dixemos que ten que estar aireado. Para iso, recoméndase voltear a pila de compost de vez en cando. 

Humidade: Na práctica do compostaxe recoméndase unha humidade entre o 40 e o 60%. Unha humidade elevada desprazaría ao osíxeno e, en consecuencia, o proceso pasaría a ser anaeróbico (ausencia de aire) ou, o que é o mesmo, unha putrefacción.E pola contra, se o material da pila está seco,  será necesario aportar auga, pois este factor é indispensable para os microorganismos, xa que a auga é o medio no que viven, desprázanse e aliméntanse. 

Temperatura:  O proceso de compostaxe consta de diferentes fases, e en cada fase inverveñen unha serie de microorganismos, cada un deles cun rango de temperatura diferente. Así distínguense tres fases: Fase de latencia e crecemento  (15 – 45º C), Fase termófila (45 – 70º C), Fase de maduración  (inferior aos 40º C).

Para completar o proceso da compostaxe e chegar a ter un compost maduro, o tempo necesario será aproximadamente entre cinco e seis meses.

Primeira plantación na horta urbana

Querid@s Amig@s:

Escribimosvos este pequeno resumo para que non esquezades o que imos facendo… é moita información en pouco tempo. Antes de nada queriamos expresar o noso agradecemento polo sábado pasado, encantounos poñervos cara ás que puidéchedes vir, a vosa disposición para o traballo e a cooperación. Animounos moitísimo a vosa implicación e sei que este día non o esqueceremos Raquel e máis Eu. Foi moi emocionante!

De Verdade, Gracias.

Pois imos ó lío!

HEXÁGONO CENTRAL

Comezamos plantando no hexágono central unha azalea que ademais de atraer ós polinizadores dará sombra coas súas follas e flores a todas as aromáticas que plantamos ó seu carón. A idea principal é facer un reservorio de fauna útil e que comence así a vida na horta. Tamén poderemos colleitalas e desfrutalas.

As aromáticas que plantamos foron:

  • Ourego: é de ciclo corto, non está todo o ano pero si deixarémola ata o final para coller a semente.
  • Cebollino: Tamén de ciclo corto, colleremos a semente.
  • Ruda: Na horta úsase habitualmente para espantar as toupas, aínda que alguén do grupo sabe face o licor: encantaríanos aprender!
  • Tomiño: Dura todo ó ano, é un gran amigo dos polinizadores e fai moito arbusto así que poderemos colleitar bastante.
  • Romeu: é anual, medra tamen moito. Ademais de comela, podemos facer un extrato de romero que se usa para evitar a caída do pelo.
  • Albahaca: temos de tres tipos: morada e verde de folla grande e albahaca de folla fina. En principio as propiedades e o aroma son as mesmas nas tres. Son de ciclo corto, en inverno desaparecerán. Tamén colleremos a semente.
  • Perexil: é a máis coñecida pero tamén indispensable na cociña, así que nos pareceu boa idea incluíla.

CULTIVOS EN CADA BANCAL:

BANCAL 1

Patacas: é un cultivo menos glamuroso que os tomates e os pementos… pero tamén unha das bases da nosa alimentación en Galicia. É un tubérculo, é dicir, unha despensa de nutrintes para a planta. Para cultivala necesitamos un terreo aireado e pouco compacto e que a pataca teña “ollos” (raíces saíndo da pel) . Se a cortamos para aproveitar todos os ollos (pódese cortar en 2, en 3 ou incluso en 4 e seguirá dando patacas) hai que curar o corte con cinza para asegurarnos de que non pudra. No quere moito rego. Aguanta mellor a seca que os excesos de auga.

BANCAL 2

Tajetes: proceden da nosa colaboración co CEE Juan María. Alí facemos o vivieiro de plantel xunto cun grupo de traballo do centro para a horta urbana, aproveitando que teñen boas instalacións para facelo e necesitan traballar nelas. Escollimos plantar os tajetes sempre no medio dos cultivos porque teñen uns microorganismos nas raíces moi beneficiosos para á saude da horta en xeral.

Leitugas + Allos porros: é unha asociación de cultivos onde se aforra moito espazo xa que a leituga vai tardar pouco en medrar e é pouco esixente na súa alimentación… e o porro necesita máis nutrintes e máis tempo.

BANCAL 3

Acelga Vermella: é un cultivo rápido e pouco esixente, produce moito xa que unha vez que vas quitándolle as follas… volven a medrar ata que remata o ciclo e bota flor (grela). Nese momento recolleremos semente. A súa penca é vermella por unha polinización entre a remolacha e a Acelga verde.

Tajetes: polas mesmas características.

BANCAL 4

Amorodos: Plantámolas bastante xuntiñas para que unhas den sombra ás outras. Según vaia o crecemento valoraremos poñer unha estrutura sinxela de canas e palla para darlles algo máis de sombra.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad