fbpx

Xornada sobre voluntariado e solidaridade

O sábado 18 de outubro a partires das 16:15 organizamos xunto ca nosa compañeira Sole unha xornada para crear comunidade. Comezaremos dando a coñecer a toda a cidadanía asistente o voluntariado e diversas maneiras de levalo a cabo, ademais falaremos sobre solidaridade e poderemos escoitar diferentes experiencias de varias entidades da comarca do Val Miñor.

O auditorio de Nigrán abrirá as súas portas ás 16:15 onde o público poderá visitar as diferentes mesas dos proxectos invitados. As 16:30 comezaremos a xornada cunha charla participativa sobre as diferentes modalidades e a importancia de voluntariado. Continuaremos cunha pequena mesa redonda onde varis proxectos da comarca contarán a súa experiencia. 

Máis isto non é todo,  ás 18:00 poderemos disfrutar da presentación do vídeo-conto Lost: unha cura para Mauri, na que poderemos desfrutar dun contacontos a mans de Sole.

Ás 19:30 haberá unha charla formativa sobre oportunidades europeas, facendo fincapé nos programas Erasmus + e o Corpo Europeo da Solidaridade. Con isto pretendemos promover entre a mocidade da comarca o aproveitamento de proxectos de mobilidade, interculturais e de gran valor para as persoas participantes e a súa contorna. 

Cartel Sole

Programa da xornada:

  • 16:15 Apertura de portas
  • 16:30 O voluntariado e a solidaridade para crear comunidade
  • 17:00 Mesa redonda proxectos da comarca do Val Miñor
  • 18:00 Contacontos: unha cura para Mauri
  • 19:30 Charla sobre oportunidades europeas á par que un obradoiro para a cativada.
Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad