fbpx

Voluntariado xuvenil

Este ano 2026 estamos traballando con mocidade de entre 14 e 30 anos para analizar e aprender as causísitcas da xestión forestal en Galicia que promoven a aparición de especies invasoras e facilitan a aparición de incendios forestais fronte a alternativas sotibles e de prevención.

Incendios forestais

Para explicar os lumes forestais temos que saber dúas características dos lumes e dos montes galegos:
-O 98% do monte galego é privado, deste o 35% xestionado por Comunidades de montes (sendo á veciñanza quen xestiona a terra) e o restante xestionado por pequenos propietarios.
-Entre o 80-90% dos incendios son provocados e non por causas naturais.

-Antigamente o monte tiña uso agrícola e de pastoreo, sendo a gandería extensiva a maiora actividade forestal
-Nos anos 40 impúxose unha política de repoaboación forestal con especies de crecemento rápido (eucaliptos e piñeiros) para a obtención de pasta de papel.
-O Eucalipto e o piñeiro son especies pirófilas, ademais, o eucalipto non permite crecer outras árbores e precisa moita auga para medrar.

Agora os terreos teñen que ser mantidos e non deixa ter matogueira crecida, así que os pequenos terratenentes deciden plantar eucalipto porque lles produce rendemento económico e non require mantemento.

Conclusión: os incendios en Galicia son provocados e máis extensos e perigosos debido a mala xestión forestal que predomina os ingresos económicos fronte ao medio ambiente e a vida rural.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad