ODS 15: VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES

A biodiversidade , segundo o Convenio Internacional sobre a Diversidade Biolóxica , é o termino polo cal se fai referencia á ampla variedade de seres vivos no conxunto da biosfera e os procesos naturais que a conforman, resultado de miles de millóns de anos de evolución.

Actualmente, estamos entrando na era da “sexta extinción” na que a perda de biodiversidade presenta cifras cada vez máis alarmantes: a taxa de extinción de especies non deixa de aumentar de xeito exponencial. 

Dende un punto de vista máis antropocéntrico, a biodiversidade nos ecosistemas terrestres é imprescindible para o mantemento de servizos ecosistémicos como, por exemplo, a polinización, a conservación de solos e auga saudables, o control de pragas, a conservación de hábitats para a vida salvaxe, etc.

A continuación, coma en cada ODS, compartimosvos un resumo das metas plantexadas na Resolución Oficial da Axenda 2030:

As medidas que deben ser tomadas, son extremamente urxentes. Neste contexto, o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración de Ecosistemas é un chamamento á protección e á reactivación dos ecosistemas de todo o mundo, en beneficio das persoas e da natureza. Pretende frear a degradación dos ecosistemas e fomentar a restauración ecolóxica .

” Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de subsistencia das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade”.

A década das Nacións Unidas vai do 2021 ao 2030, que tamén é a data límite para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o cronograma identificado polos científicos como a última oportunidade para previr un cambio climático catastrófico.

#act4sgds

ODS 16: PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS

Para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible son necesarias sociedades pacíficas, xustas e inclusivas. As persoas de todo o mundo non deben ter temor a ningunha forma de violencia e teñen que sentirse seguras ao longo da súa vida, independentemente da súa orixe étnica, relixión ou orientación sexual.

A fin de avanzar na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, necesitamos institucións públicas eficaces e inclusivas que poidan proporcionar educación e asistencia sanitaria de calidade, aplicar políticas económicas xustas e brindar unha protección inclusiva do medio ambiente.

A continuación, compartimos un resumo sobre as metas propostas para este ODS 16:

ODS 17: ALIANZA PARA CONSEGUIR OS OBXECTIVOS

Comezamos polo #ODS17, da man da cooperación!

Presentámosvos un breve resumo das metas propostas na Resolución Oficial da Axenda 2030.

Que vos parecen? Alcanzables?

Para que un programa de desenvolvemento sostible teña éxito é necesario establecer asociacións inclusivas (a nivel mundial, rexional, nacional e local) sobre principios e valores, así como sobre unha visión e uns obxectivos compartidos que se centren primeiro nas persoas e o planeta.

Moitos países requiren asistencia oficial para o desenvolvemento co fin de fomentar o crecemento e o comercio. Aínda así, os niveis de axuda están a diminuír e os países doantes non respectaron o seu compromiso de aumentar o financiamento para o desenvolvemento.

Agora máis que nunca é necesaria unha sólida cooperación internacional co fin de garantir que os países que posúen os medios para recuperarse da pandemia contribúan e consigan alzancar as metas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

SIMPOSIO: ODS EN ACCIÓN

5º aniversario de la Agenda 2030: ¿está siendo efectiva? Queremos compartir contigo este evento gratuíto, en el que nos reuniremos con diferentes personas expertas para conocer las acciones que llevan a cabo para favorecer las metas de los ODS, desde el prisma de los diferentes agentes de la sociedad. Nos pondremos al día sobre las herramientas más eficaces para fomentar el desarrollo sostenible a nivel local.

¿Nos vemos dentro?

SEMANA GLOBAL PARA ACTUAR POLOS ODS #Act4SGDs #5ºAniversarioAxenda2030

Coa pandemia COVID-19 e a disrupción económica e social que atravesa o mundo, 2020 é un ano fundamental para o cambio transformador.

Este mes de setembro, os líderes mundiais estarán reunidos na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para conmemorar o 5º aniversario dende que se asinou a Resolución da Axenda 2030 , “Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible”.

Consideramos que este 5º aniversario da Axenda 2030 deberá convertirse nun punto de inflexión para as persoas e o planeta. Con ese obxectivo, xurdiu a iniciativa #act4SDGs , que consiste nun chamamento global a persoas e organizacións de todas partes para que tomen medidas para actuar a favor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que son, precisamente, a folla de ruta necesaria para unha recuperación xusta, igual e sostible da crise sociosanitaria actual

Polo tanto, esta é unha oportunidade para contarlle ao mundo o que estamos facendo dende SomosTerra para avanzar cos ODS e queremos contar contigo para facelo posible!

E ti, xa coñeces o potencial da Axenda 2030?

Sobrecapacidade da Terra

A primeira vez que nos atopamos con este termo nas redes ficamos cos ollos moi abertos, como querendo non terminar de asimilar o que significa. É un concepto digno dunha filme de terror. 

Xa sabes do que estamos a falar?

O Día da  Sobrecapacidade da Terra marca ese momento no que o ser humano consumiu todos os recursos naturais dos que dispoñía para todo o ano, sen que o planeta poida rexenerarse. Este cálculo realízao a Global Footprint Network e consiste nunha proxección teórica que se realiza a partir de dous tipos de indicadores. Por unha banda, a  biocapacidade ou a capacidade que teñen os ecosistemas para renovarse por si mesmos. Por outro, a pegada ecolóxica, que mide a superficie de terreos e mares  necesaria para producir todos os recursos que consome unha poboación e absorber os seus residuos.

Cada ano a data cambia. Neste atípico ano 2020, o Día da Sobrecapacidade da Terra aterrou o 22 de agosto, máis de tres semanas despois que en 2019, segundo Global  Footprint  Network. A data reflicte a redución do 9,3% da pegada ecolóxica da humanidade en comparación co mesmo período do ano pasado, o cal é unha consecuencia directa dos peches pola COVID-19 por todo o mundo. 

Podes investigar máis sobre cómo se calcula o Día da Sobrecapacidade da Terra neste enlace: http://www.overshootday.org/2020-calculation/

Soberanía alimentaria dende a cidade

Bo día, boa vida!

Hoxe queremos presentarvos a horta vertical de Laura! Nela podemos atopar plantuliñas de limoeiros e maceiras, cenorias, tomateiras, fresiñas e tamén aloe vera! Se vos fixades… os allos xa están ben crecidos!

Temos unha pregunta para vos: sabes por qué é tan importante que a caléndula nos acompañe na horta? Ah! Viron como é posible o cultivo en pequenos espazos? Así podemos depender menos dos produtos dos supermercados e garantir unha alimentación máis saudable, libre de agrotóxicos.

E vos, queredes crear a vosa hortiña vertical?

Vídeo: @laura.magalhaes.ambiental

Música: Derp Nugget – Kevin MacLeod

Licencia: http://creativecommons.org/licenses/b…

Comezamos coa comunicación dixital!

Bo día, boa vida!

Hoxe poñémonos a camiñar polo mundo dixital. Inaguramos o Blog de SomosTerra pois queremos contarvos aquelo que nos brota dende a raíz.

En Somosterra dedicámonos a coordinar plans de acción e cooperación para fomentar as alternativas sostibles que merece o territorio que habitamos.

Consiste nunha tarefa fermosa que estamos a facer entre todas e todos, dende a colectividade. Dende a persoa que separa o seu lixo na súa casa, ata aqueles grupos de acción social que se organizan para mellorar o mundo dende cada territorio.

Queremos, polo tanto,

facervos partícipes

de Todo

o que está

por facer.