ODS 5: IGUALDADE DE XÉNERO

As mulleres e as nenas representan a metade da poboación mundial e, polo tanto, a metade do noso potencial como humanidade. Con todo, a desigualdade de xénero persiste hoxe en todo o mundo e provoca o estancamento do progreso social.

Os datos e cifras que describen o contexto do ODS 5 son inconcibibles. Segundo a información aportada pola ONU, 200 millóns de mulleres e nenas en 30 países foron sometidas á mutilación feminina. Unha de cada cinco mulleres e nenas sufriron violencia física e/ou sexual por parte dunha parella íntima nos últimos 12 meses. Non queremos insistir nos datos.

Centrarémonos nas metas, tan urxentes como necesarias. Independentemente do lugar onde vivamos, a igualdade de xénero é un dereito humano fundamental. Promover a igualdade de xénero é esencial en todos os ámbitos dunha sociedade sa: desde a redución da pobreza ata a promoción da saúde, da educación e da protección e benestar das nenas e dos nenos. 

A incorporación da perspectiva de xénero nos procesos de desenvolvemento céntrase en analizar e transformar todas aquelas relacións desiguais e de poder, que obstaculizan o goce equitativo dos beneficios do desenvolvemento e a plena participación das mulleres en todos os ámbitos da vida. Un exemplo de este necesario avance vese reflectido no reciente informe “Género y cambio climático. Un diagnóstico de situación no que se trata a inclusión da perspectiva de género de forma transversal no conxunto da política climática. Invitámosvos a botarlle unha ollada, directamente relacionada co ODS 13, Acción polo clima.

Presentamos a continuación o resumo das metas do ODS 5:

En SomosTerra compartimos a visión ecofeminista de que a subordinación das mujeres e a explotación da naturaleza son dúas caras dunha mesma moeda: a supeditación da vida á prioridade da obtención de beneficios dende a mirada patriarcal.

Por elo, centramos a nosa actividade empresarial na acción social enfocada cara á transformación socioecolóxica, o cal radica en impulsar unha profunda transformación nos modos nos que as persoas nos relacionamos entre nós e coa natureza, eliminando as fórmulas de opresión, imposición e violencia, e defendendo a VIDA, entendida desde o seu máximo alcance, a vida de todas as especies.

Se queres coñecer un pouco máis sobre o ecofeminismo:

ODS 6: AUGA LIMPA E SANEAMENTO

O acceso a auga, saneamento e hixiene é un dereito humano. Aínda así, miles de millóns de persoas seguen enfrontándose a diario con enormes dificultades para acceder aos servizos máis elementais. 

Segundo os datos e cifras da ONU, aproximadamente 1.800 millóns de persoas en todo o mundo utilizan unha fonte de auga potable que está contaminada por restos fecais. Uns 2.400 millóns de persoas carecen de acceso a servizos básicos de saneamento. A escaseza de auga afecta a máis do 40% da poboación mundial e esta porcentaxe podería aumentar. Máis do 80% das augas residuais resultantes da actividade humana vértese nos ríos ou no mar sen ningún tratamento, o que provoca a súa contaminación.

A prestación de servizos adecuados de auga e saneamento é esencial para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente os relativos á saúde. A continuación presentamos as metas resumidas para o ODS 6. Podes consultar a versión orixinal na Resolución da Axenda 2030.

ODS 7: ENERXÍA ACCESIBLE E NON CONTAMINANTE

Este ODS pretende garantir que todas as persoas teñan acceso a un servizo de enerxía economicamente accesible, que non prexudique ao benestar das persoas nin ao medio ambiente e que permita manter un abastecemento estable de enerxía renovable.

Actualmente, o avance en todos os ámbitos da enerxía sostible non está á altura do que se necesita para lograr o seu acceso universal e alcanzar as metas deste Obxectivo.

Débese aumentar o uso de enerxía renovable en sectores altamente demandantes como o da calefacción e o transporte. Así mesmo, son necesarios os investimentos públicos e privados en enerxía, así como maiores niveis de financiamento e políticas con compromisos máis audaces.

Segundo os datos e cifras da ONU, a enerxía é o factor que contribúe principalmente ao cambio climático, e representa ao redor do 60% de todas as emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro. Ante esta situación,  é urxente a transición dende os recursos enerxéticos non renovables e contaminantes, á enerxía limpa e sostible. Esta transición é coñecida como Transición enerxética: unha transición capaz de satisfacer as necesidades enerxéticas do conxunto da humanidade e que constitúe un compoñente clave para evitar os desastres ecolóxicos e sociais e facer posible un futuro sostible.  

En Galicia, podes estar ao tanto do sector da enerxía eólica a través da páxina do Observatorio Eólico de Galicia . O OEGA é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia.

ODS 8: TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO

Actualmente, segundo os datos e cifras da ONU no contexto do ODS 8, aínda queda moito por facer. Na Resolución da Axenda 2030 os Estados comprométense a construír economías dinámicas, sostibles, innovadoras e centradas nas persoas, promovendo o emprego da mocidade e o traballo decente para toda a poboación.

Para conseguir o desenvolvemento económico sostible, as sociedades deberán crear as condicións necesarias para que as persoas accedan a empregos de calidade, estimulando a economía sen danar o medio ambiente. Tamén terá que haber oportunidades laborais para toda a poboación en idade de traballar, con condicións de traballo decentes. Seguindo estas premisas, establecéronse as correspondentes metas para o ODS 8, que poderás ler en versión extensa na Resolución da Axenda 2030. A continuación enuméranse resumidamente:

ODS 9: INDUSTRIA, INNOVACIÓN E INFRAESTRUTURA

A estabilidade económica, o desenvolvemento social e a acción contra o cambio climático dependen en gran medida do investimento en infraestruturas, do progreso tecnolóxico e do desenvolvemento industrial sostible.

 Ante esta necesidade, a economía circular preséntase como unha oportunidade de cambio, onde os residuos non existen e elimínanse do deseño deliberadamente. Os materias de orixe biolóxico non son tóxicos e poden devolverse facilmente ao chan mediante a compostaxe ou a dixestión anaerobia. Os materiais técnicos (polímeros, aleacións e outros materiais artificiais) deséñanse para ser recuperados, renovados e mellorados, minimizando a achega de enerxía necesaria e maximizando a retención de valor (tanto en termos económicos como de recursos).

Precisamente, a economía circular está tomando cada vez máis protagonismo á hora de contribuír ao logro das metas do ODS 9, que a continuación presentamos resumidamente: 

ODS 10: REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES

As desigualdades baseadas nos ingresos, o xénero, a idade, a orientación sexual, a discapacidade, a raza, a clase e a relixión seguen persistindo en todo o mundo. Segundo as cifras da ONU sobre o ODS 10, ata un 30% da desigualdade de ingresos débese á disparidade dentro do fogar, incluída aquela entre mulleres e homes. Tamén é moito máis probable que as mulleres vivan por debaixo do 50% da renda mediana.

A desigualdade está considerada como un risco fundamental para poder alcanzar o desenvolvemento sostible e o pleno exercicio dos dereitos humanos. O ODS 10 é un elemento central da Axenda 2030. Está dirixido a diminuír as desigualdades
que existen entre as persoas que viven dentro dun mesmo país, así como
fomentar a solidariedade entre países para trasladar os recursos necesarios aos países cun menor desenvolvemento, onde tamén sexa posible alcanzar as metas propostas polos ODS. 

Para frear a desigualdade son necesarias políticas inclusivas, que reduzan as brechas salariais, acaben coa evasión fiscal e aseguren unha renda básica á poboación máis vulnerable. A continuación presentamos en versión resumida as metas propostas para este ODS na Resolución da Axenda 2030:

0DS 11: CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES

Nos últimos decenios, o mundo experimentou un crecemento urbano sen precedentes. En 2015, preto de 4000 millóns de persoas (o 54% da poboación mundial) vivía en cidades e, segundo as proxeccións, ese número aumentará ata aproximadamente 5000 millóns para 2030.

As cidades, tal e como expresa na declaración do Día Mundial das Cidades, teñen aspectos realmente positivos para a sociedade. Por exemplo,  as cidades permitiron ás persoas progresar social e economicamente, sendo o epicentro do comercio, a cultura, a ciencia, o desenvolvemento social e moito máis. Porén, tamén suscitan moitos problemas, desde a presión que exercen sobre a terra e os recursos ata a conxestión, a contaminación, a falta de fondos para dotalas de servizos básicos, a escaseza de vivenda ou o deterioro das infraestruturas.

Por este motivo, é imprescindible transformar as cidades hacia un modelo máis sostible e máis inclusivo, no que se garanta o benestar socioecolóxico.

A continuación presentamos as metas resumidas para este ODS.

A Nova Axenda Urbana, aprobada en outubro de 2016 na cidade de Quito, preséntase como compás para facer fronte aos desafíos das cidades nas próximas décadas e pode ser vista como unha extensión do ODS 11. Nesta axenda, establécense 8 liñas de acción:

  1. Proporcionar servizos básicos para toda a cidadanía.
  2. Garantir o acceso a igualdade de oportunidades e libre de discriminación.
  3. Promover medidas en apoio de cidades máis limpas.
  4. Fortalecer a resiliencia nas cidades para reducir o risco e o impacto dos desastres ambientais. 
  5. Tomar medidas para facer fronte ao cambio climático mediante a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
  6. Respectar plenamente os dereitos dos refuxiados, dos emigrantes e dos desprazados internos, independentemente da súa situación migratoria.
  7. Mellorar a mobilidade e apoiar iniciativas innovadoras e ecolóxicas.
  8. Promover espazos públicos seguros, accesibles e ecolóxicos.

Aínda que estas liñas de acción foron definidas polos lideres mundiais, cada un de nós poderemos contribuír con pequenos xestos no noso día a día. Por suposto, non poderían existir as cidades e as comunidades sostibles se non houbese unha produción e un consumo responsable nas mesmas. Por iso, a continuación presentamos o ODS 12, a través do cal estaremos contribuíndo directamente as metas deste ODS 11.

ODS 12 : PRODUCIÓN E CONSUMO RESPONSABLES

O consumo sostible ou consumo responsable é un elemento integral do Desenvolvemento Sostible e un tema esencial para a abordar as metas da Axenda 2030.

O consumo responsable refírese ao conxunto de accións que tratan de atopar solución viables aos desequilibrios (sociais e ambientais) por medio dunha conducta mais responsable por parte dos axentes consumidores. 

O previsible aumento da poboación exercerá unha presión inmensa sobre os recursos naturais, a biodiversidade e o equilibrio ecolóxico do planeta.

Resulta imprescindible, para acadar os demais ODS, que se garantan modalidades de consumo e produción sostibles que permitan asegurar a capacidade das vindeiras xeracións para satisfacer as súas necesidades. 

Neste proceso é necesaria a transformación dos sistemas de produción, logrando unha economía circular, onde o residuo se considere como recurso. As empresas deben ter ese papel transformador, cambiando o seu modelo produtivo, adaptándoo a un modelo de consumo e produción sostible.

ODS 13: ACCIÓN POLO CLIMA

O nivel do mar está aumentando, os eventos climáticos son cada vez máis extremos e as emisións de gases de efecto invernadoiro están agora nos niveis máis altos da historia. Se non actuamos, a temperatura media do planeta podería aumentar uns 3 grados centígrados este século. 

Na Conferencia de París sobre o Clima (COP21) celebrada en decembro de 2015, 195 países asinaron o primeiro acordo vinculante mundial sobre o clima, coñecido mundialmente como o Acordo de París. Para evitar un cambio climático perigoso, o Acordo establece un plan de acción mundial que pon o límite do quecemento global moi por baixo de 2 grados centígrados. A implantación do Acordo de París é esencial para lograr alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A mobilizacións social non deixa de crecer nos últimos anos, reclamando Xustiza Climática. Este 25 de setembro celébrase a nivel internacional un conxunto de actividades para reclamar Acción real polo Clima.

25 de setembro, Día Mundial da Acción Climática

 

ODS 14: VIDA SUBMARINA

O fenómeno de perda de biodiversidade na entrada do ODS 15 no caso dos ecosistemas terrestres, tamén está sucedendo nos diferentes ecosistemas mariños. Os océanos, que constitúen máis do 70% do planeta, están ameazados pola sobreexplotación dos seus recursos, a contaminación dos seus fondos mariños e a subida global das temperaturas, que poñen en risco a vida de especies mariñas fundamentais nos océanos.

Os océanos son imprescindibles para a vida humana. O réxime de precipitacións, a auga potable, o clima, gran parte do noso alimento e incluso o osíxeno do aire que respiramos proveñen, en última instancia, do mar e son regulados por este. Cerca de mil millóns de persoas, o 12 % da poboación mundial, dependen dos océanos, os mares e os recursos mariños para sobrevivir.

Entre o 5 e 9 de xuño de 2017 celebrouse a Conferencia dos Océanos, a primeira conferencia das Nacións Unidas sobre este asunto. Representou unha oportunidade única e inestimable para que o mundo poña fin ao deterioro da saúde dos océanos e os mares con solucións concretas. A Conferencia serviu, ademais, para fomentar a consecución do ODS 14. 

A continuación presentamos as súas metas resumidas. Igual que no resto de ODS, podes consultar a Resolución da Axenda 2030 para consultar as metas en versión orixinal.