fbpx

V Premios Provinciais á Xuventude

O pasado sábado 20 de novembro fomos galardoadas co 3º premio -categoría iniciativa empresarial- no marco dos  V Premios Provinciais á Xuventude organizados pola Diputación de Pontevedra, para promover  e potenciar o talento da xuventude da provincia.

A gala sorprendeunos profundamente. No seu comezo, compartíronse fragmentos das pezas audiovisuais gañadoras da II edición do Concurso Reacción polo Clima. Estas propostas artísticas foron creadas por mozas e mozos da provincia, de entre 16 e 30 anos, centradas na temática do cambio climático. O obxectivo deste concurso é involucrar á xente máis nova na loita un dos maiores desafíos do noso tempo e sen dúbida as creacións gañadoras estiveron á altura, pois conseguiron remover as emocións do público asistente:

  • Adiós ríos, adiós fontes, de Lara Cores (Pontevedra).
  • Puro Aire, de Manuel Albariñas e Yago Rodríguez (Marín e Pontevedra).
  • Antropoceno destrucción, do Colexio Marcote (Vigo).

Polo momento, non están publicadas estas pezas, pero si podemos compartir con vós as pezas gañadoras da primeira edición de Reacción polo Clima. Podes visualizalas neste enlace da Deputación de Pontevedra:

Inconsciente, Iago Rodríguez e Manuel Albariñas.
Non pases de largo, Carmen Villanueva.
Pequenos xestos, grandes cambios, Isabel González

Despois desta experiencia de sensibilización, comezaron a ser desveladas as propostas gañadoras, comezando pola Categoría de Iniciativa empresarial. SomosTerra foi galardoada co terceiro premio nesta categoría, pola nosa implicación coa Axenda 2030 e o fomento da sostibilidade na provincia de Pontevedra. Ficamos moi agradecidas polo recoñecemento e compartimos moita alegría por coñecer as demais propostas gañadoras, como  ‘Cereal Jewels‘, de Nahir Maceira y Manuel Vila (Vigo), a compañía teatral ‘A Cova das Letras’, de Cristina Collazo Gómez (Silleda) e ‘Ponteabastos’, de Jorge Celso Eyo (Pontevedra).

Queremos resaltar tamén neste post a calidade das propostas gañadoras na Categoría de Educación en Valores, realizadas por alumnado de diferentes institutos da provincia. É realmente emocionante e esperanzador comprobar que a xuventude está comprometida por visibilizar temas de grande importancia na actualidade, como é o caso da desmitificación do amor romántico, rachar cos prexuizos contra o colectivo LGTBIQ+ ou poñer en valor a importancia dos vínculos interxeracionais.

Dende SomosTerra traballamos a muído con centros educativos e atoparnos con profesorado e alumnado tan activo foi impresionante. Temos moitas ganas de coñecer con máis profundidade estas propostas gañadoras: Sementes de Liberdade, do IES de Poio, Incómodxs e rebeldes, do IES As Barxas de Moaña, e Avoas, Avós con V de vida del IES Antón Alonso Ríos (Tomiño).

Grazas por tanto! Deixamos unha nova de prensa por se tedes curiosidade por coñecer as propostas gañadoras do resto de Categorías artísticas:

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/talento-creatividad-pontevedra-reciben-galardones/202111202051381172527.html

Deixa unha resposta

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad