fbpx

Ollo con Nigrán: terceira edición

Dende SomosTerra e Teatro do Ar volvemos colaborar para volver a lanzar xunto co concello de Nigrán en 2025 o Certame Vídeo-Literario🎬🎥📖 Ollo con Nigrán. Este ano cargado de novidades con novas modalidades e novos premios. 

O certame estará constituído por dúas modalidades:
-Fotografía Literaria: consistirá nunha fotografía dun lugar de Nigrán acompañada dun poema, dun microrrelato ou dunha obra de teatro
-Vídeoliterario: consistirá nun vídeo de menos de 120 segundos (dous minutos) gravado en Nigrán e con temática aberta.

O certame consta de tres categorías:
-Categoría Estelas: Nenos e nenas de Nigrán nadas no ano 2013 ou posteriores.
-Categoría Lourido: Mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 2007 e 2012.
-Categoría Monteferro: Persoas nadas antes do ano do 2007.

Haberá premios dende 50 € a 200 € para os tres primeiros clasificados de cada categoría e un premio de 100 € para a fotografía con máis “me gustas” nas redes sociais Todos eles para gastar no comercio local.

Se eres dunha entidade de comercio de Nigrán e queres ser unha das receptoras dos premios inscríbete aquí.

Anímaste a participar? Tes de prazo ata o 8 de Marzo ás 23:59. 

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad