Levamos tempo soñando con crear un Club de Lectura no que compartir as inquietudes que brotan cando aprendemos sobre sostibilidade. Este 2022 é o ano de comezar con este soño: hoxe inaguramos o Club de Lectura!
Facémolo rendindo homenaxe a Edward O. Wilson, escollendo como primeira lectura o libro “Medio Planeta”. Xa o coñecías? Moitas persoas consideran que é “o herdeiro natural de Darwin”. Faleceu fai poucos días, aos 92 anos. Foi biólogo especialista en formigas, chegando a converterse nun gran referente na defensa e conservación da Biodiversidade. A continuación compartimos unha serie de enlaces para que poidas coñecer mellor o seu legado:
Artigo en National Geographic:
Podcast:
Que che pareceu a iniciativa do Club de Lectura? Entráronche ganas de ler Medio Planeta? Podes consultar toda a información e incluso anotarte no seguinte botón: