Hoxe no Día Mundial do Cambio Climático vémonos bombardeadas con campañas de concienciación que en lugar de motivarnos, poden afondar nunha de frustración e dor ante a situación de emerxencia climática.
Este ano non queremos incidir no “día mundial”, senón no concepto de dor climática. Este sentimento pode chegar a paralizarnos cando nos informamos sobre as consecuencias do cambio climático e a inacción política. A tristeza e a frustración fusiónanse deixándonos cun sentimento de impotencia que pode chegar a ser difícil de xestionar.
Cada vez fálase máis da relación entre cambio climático e saúde mental, chegando a “oficializar” termos como o de “ecoansiedade”. Ti cres que sentiches este sentimento algunha vez? Queremos que teñas clara unha cousa: non eres a única persoa experimentando isto. Somos moitas sentindo o mesmo. E cada vez temos máis ferramentas para transformar esa frustración en acción.
Escribe Eva. Ao longo da miña vida vivín momentos de moitísima ecoansiedade. A base de supervivencia aprendín a convivir con este sentimento e quero convidarte, se sintes que podo axudarte, a contactarme en calquera momento comunidade@somosterra.gal
Agora mesmo, déixote con este artigo onde tamén podes atopar companía nesta dor climática.