fbpx

ODS 1: FIN DA POBREZA

Ante unha situación de pobreza económica, a nosa sostibilidade persoal verase directamente condicionada. Porén, a pobreza non é únicamente a falta de ingresos. Inclúe tamén a fame e a malnutrición, o acceso limitado á educación e a servizos básicos, a discriminación e a exclusión social.

O Informe do PNUD do ano 2000 recoñece a pobreza como causa e consecuencia da vulneración dos dereitos humanos. Sen dereitos humanos non é posible falar de desenvolvemento humano sostible, e polo tanto, é importante destacar a súa presenza na Axenda 2030 e en cada un dos seus obxectivos.  Se queres coñecer máis datos e cifras sobre o contexto de este ODS, podes facelo nesta ligazón.

Para abordar o ODS 1 “FIN DA POBREZA”, suscítase que cada país adopte medidas para asegurar que as persoas en situación de pobreza e maior vulnerabilidade poidan participar, contribuír e beneficiarse do seu propio desenvolvemento, partindo da realidade nacional. Estas medidas están recollidas na resolución oficial da Axenda 2030: “Transformar o noso mundo: a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible”.

Porén, a continuación mostramos un resumo de 7 metas propostas para este ODS.

ODS 2: FAME CERO

A alimentación é un dereito humano recoñecido na  Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Supón o dereito a ter “acceso, individual ou colectivamente, de xeito regular e permanente, a unha alimentación cuantitativa e cualitativamente adecuada e suficiente, así como os medios necesarios para producila, de forma que corresponda coas tradicións culturais de cada poboación e que garanta unha vida física e psíquica satisfactoria e digna”.

Porén, o solo, os ríos, os océanos, os bosques e a biodiversidade planetaria están sendo degradados. O cambio climático está poñendo maior presión sobre os recursos, aumentando os riscos asociados a desastres. Moitos agricultores xa non poden traballar nas súas terras por mor de adversidades climáticas.  Os datos e cifras da ONU sobre esta situación son alarmantes. 

Ante este contexto, necesitamos unha profunda reforma do sistema agrario e alimentario mundial para asegurar a nutrición de calidade para o total da poboación planetaria actual e en especial, aos dous mil millóns de persoas adicionais que se prevé que vivirán no ano 2050. Para poñer fin ao fame no mundo en 2030 será necesario investir nas zonas rurais e nas zonas urbanas, así como en protección social, para asegurar que as persoas en situación de pobreza teñan acceso ao alimento e poidan mellorar os seus medios de vida.

Dende SomosTerra apostamos por construir este camiño a través da Agroecoloxía.

A agroecoloxía, segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), defínese como o conxunto de prácticas que estudan como os diferentes compoñentes dos agrosistemas interactúan entre si e integra prácticas e sistemas agrícolas sostibles que optimicen e estabilicen a produción.

Ademais, consiste nun movemento social que persegue os papeis multifuncionais para a agricultura, tendo en conta a xustiza social, a identidade cultural e a viabilidade económica en zonas rurais. A agroecoloxía, polo tanto, xoga un papel clave no camiño de alcanzar as metas propostas do “ODS 2 Fame cero”. Para coñecer mellor este concepto, recomendamos Revista Agroecoloxía.

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad