O mércores 28 de setembro comezamos a construción da segunda horta colaborativa de Nigrán para fomentar o cultivo colaborativo e a produción local de alimentos, a convivencia e o traballo conxunto 🥦🍅. Está ubicada no Parque Xosé Vázquez Grela.
🌱Este espazo é un punto de encontro no que aprender sobre restauración e recuperación de solos, cultivo ecolóxico, asociacións de cultivos, compostaxe e sostibilidade nos seus diversos ámbitos.
🌱🌱 Impartiremos obradoiros cada mércores ás 17:00 dirixidos ás persoas inscritas. Podes vir en familia, con amizades ou con ganas de coñecer a máis persoas que comparten as túas inquedanzas.
🌱🌱🌱Os primeiros meses na horta colaborativa de Nigrán serán para a construción e a recuperación e estabilización do solo para poder plantar de cara ao ano que vén. O noso reto con esta segunda horta é recuperar un solo moi danado e pobre en materia orgánica para convertelo nunha horta produtiva ecolóxica e saudable.
Podes inscribirte na seguinte ligazón: https://forms.gle/xqjFgLTM37N9sAdq5
Moitas grazas e vémonos na horta!