En SomosTerra realizamos roteiros participativos relacionadas co desenvolvemento sostible e a natureza para todos os públicos nenos e nenas, mozos e mozas e adultos. Os roteiros buscan a reflexión e a crítica sobre a relación das persoas coa nosa contorna (o medioambiente, a biodiversidade…).
Realizamos diferentes tipos de roteiros:
- Roteiros de identificación de especies da contorna. Nesta actividade mostramos as especies dos ecosistemas galegos e aprendemos a identificalas de xeito sinxelo e lúdico.
- Roteiros de localización de especies comestibles. Nesta actividade aprenderemos a diferentes plantas mediciñais, aromáticas e comestibles da nosa contorna para poder aproveitar os recursos que nos da a natureza.
- Roteiros de erradicación de especies invasoras. Coñeceremos as especies invasoras dos nosos ecosistemas, as causas, a identificación e a forma de eliminalas e previr as súas accións.