Onte participamos no evento RETOS DA CULTURA POSCOVID, organizada pola Deputación de Pontevedra e a Asociación Galega de Profesionais de Xestión Cultural (AGPXC). Esta cita púxonos en contacto diferentes profesionais do sector cultural, tanto de entidades públicas coma privadas, ademais do tecido asociativo e as e os emprendedores de toda Galicia, especialmente da provincia de Pontevedra.
Na mesa na que participamos, “Proxectos inspiradores na provincia de Pontevedra” coincidimos con outro proxecto que temos moi preto de nós, en Nigrán tamén: A Casa Colorida, presentada por Silva Villar. Ademais, coñecimos a Colección de libros Defensoras de Dereitos, con Helena Capera, responsable das áreas de Comunicación e Sensibilización da @coordi_galega_ongd . Tamén o proxecto Achegando culturas, con Mar García, programadora da Biblioteca Pública Xośe Neira Vilas @bpmxoseneiravilas. A mesa estivo coordinada por Clara R. Cordeiro socia e traballadora de @7hcoop Cooperativa Cultural.
#RetosDaCulturaPoscovid#Xornada@deputacionpontevedra#AGPXC
Defender os intereses e os dereitos das persoas que traballan neste sector, garantir a accesibilidade á cultura en todo o territorio, promover a sostibilidade e a igualdade de oportunidades, contribuír á profesionalización do sector a través da formación e da reflexión, así como fomentar a participación na cultura de todas e todos, son algúns dos obxectivos compartidos na acción cultural entre a Deputación de Pontevedra e AGPXC, que foron comentados ao longo de toda a xornada. Podes consultar as intervencións no seguinte ligazón.