Please wait while flipbook is loading. For more related info, FAQs and issues please refer to DearFlip WordPress Flipbook Plugin Help documentation.
Os acontecementos políticos, sociais e ambientais das últimas décadas conleva un escenario totalmente diferente nos próximos anos, con grandes desafíos e ameazas para humanidade. Para facer frente a esta situación de emerxencia climática e cambio global, a ONU presenta a Axenda 2030 sobre Desenvolvemento Sostible, aprobada polos dirixentes mundiais en 2015, que constitúe unha folla de ruta a nivel mundial. Baséase nunha asociación global coa participación de todas as partes interesadas e require a movilización de todos os medios de execución. Establece 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), adicando un deles integramente á Educación de Calidade (ODS 4).

Tanto a agroecoloxía escolar como a horta preséntanse como ferramentas clave para á contribución da Axenda 2030 dende as comunidades escolares, implicando tanto ao alumnado, como ao profesorado, como ás familias. Con este enfoque pedagóxico diseñouse o programa educativo Agroecoloxía na Escola.
En xuño do ano 202o, a cooperativa SomosTerra realizou unha enquisa dirixida á comunidade educativa do CEIP de Mallón, dende o propósito de levar a cabo a primeira experiencia piloto.
O profesorado manifestou nesta enquisa a importancia de introducir a agroecoloxía no colexio, especialmente polos seus befenificios sociais, ambientais e intelectuais (implicación, compromiso, resposabilidade colectiva, fomento de hábitos sostibles, etc.).
Grazas a esta alianza entre a cooperativa e a comunidade educativa, comezamos a traballar na horta do cole de Mallón. A continuación, explicamos brevemente os resultados desta experiencia de agroecoloxía escolar e Axenda 2030.
OBXECTIVOSO programa agroecoloxía na escola pretende implicar ao alumnado na creación e mantemento dunha horta no centro educativo, empregándoa como eixo para a educación en desenvolvemento sostible. As hortas producen beneficios a nivel social aumentando o acceso a alimentos frescos e sanos e beneficios culturais sendo unha ferramenta exquisita para a Educación ambiental e o cambio de hábitos; a horta plantéase coma unha fonte para a obtención de coñecementos sobre o medio natural, o cultivo, a nutrición, etc. Ademais, coa creación da horta escolar tamén se están a crear áreas verdes nas escolas que evitan o nacemento de especies invasoras, melloran a biodiversidade, manteñen a estructura do solo e facilitan a polinización.
Obxectivos específicos
- Fomentar a responsabilidade, a paciencia e o traballo en equipo do alumnado.
- Promover a convivencia e o traballo conxunto para satisfacer un ben común.
- Fomentar o pensamento crítico e a creatividade.
- Coñecer os beneficios da agroecoloxía (impacto ambiental, calidade, produto local)
- Promover os beneficios das hortas urbanas.
- Potenciar a sensibilización ambiental e o consumo responsable.
- Capacitar ao alumnado para o coidado da horta.
- Promover espazos verdes e naturais no centro escolar.
- Contribuir de forma activa cos ODS da Axenda 2030
- Coidado da horta, sementeira e colleita dos cultivos durante todo o ano.
- Actividades complementarias de horta: tratamentos biolóxicos, fertilización orgánica e conservación dos excedentes da horta (embotados, marmeladas e fermentos).
- Tratamento de residuos (compostaxe e economía circular).
- Identificación e beneficios da fauna e flora local (usos tradicionais das plantas aromáticas e medicinais, elaboración dun herbario…),
- Os ODS na horta escolar. Contribuíndo coa Axenda 2030 dende as comunidades educativas.
METODOLOXÍA
Con este programa educativo poñemos en práctica metodoloxías participativas (aprender-facendo e aprendizaxe baseado en historias) que capacitan o alumnado para o coidado da horta. As actividades teñen lugar principalmente ao aire libre, evitando desprazamentos e os lugares pechados e pouco ventilados.
- Aprender-facendo: centra a aprendizaxe no propio estudante, cada estudante é o seu propio axente de coñecemento. Trátase de fomentar unha aprendizaxe activa, efectiva e colaborativa, que permite ao alumnado manipular o obxecto de estudo e reflexionar sobre el. Incentivando o traballo autónomo, a creatividade e a sensibilidade para resolver problemas da propia realidade a nivel local e a súa relación a nivel global.
- Aprendizaxe baseado en historias: esta metodoloxía céntrase na invención, lectura ou representación de historias ou contos por parte do docente para espertar a interese e a motivación do alumnado nalgún tema, mellorando a empatía e fomentando a creatividade. A historia buscará a participación do alumnado e a súa implicación para explicar e mellorar o coñecemento dalgún aspecto ou tema concreto.
O programa está activo actualmente pero podes consultar o caderno diario a continuación:
Please wait while flipbook is loading. For more related info, FAQs and issues please refer to DearFlip WordPress Flipbook Plugin Help documentation.