fbpx

Programa educativo Axenda 2030 escolar

Axenda 2030 escolar é un programa que busca a sensibilización e implicación da comunidade educativa para a diagnose, creación e posta en marcha dun plan de acción en favor dos ODS a nivel local, buscando a colaboración dos centros educativos, da administración, das empresas e da cidadanía da comarca.

Obxectivos xerais

  • Capacitar e formar ao alumnado en desenvolvemento sostible e Axenda 2030.
  • Fomentar a reflexión colectiva.
  • Implicar á comunidade educativa na aplicación e diagnose dos ODS.
  • Realizar unha diagnose, a través de indicadores medibles, sobre o coñecemento e aplicación da Axenda 2030 nas localidades do centro educativo.
  • Propoñer accións concretas que favorezan a consecución dos ODS.
  • Crear un plan de acción para cumprir coa Axenda 2030 a nivel local.
  • Fomentar a participación colectiva das diferentes entidades, familias e veciños da localidade de actuación.
  • Crear unha rede de contacto e colaboración das diferentes entidades e persoas participantes.

Orzamento
 O programa pode financiarse cos Contratos-Programa da Xunta de Galicia.

Centros participantes

  • IES A Paralaia (Moaña)
  • IES Auga Da Laxe (Gondomar)
  • IES Val Miñor (Nigrán)

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad