Descripción
Con este agasallo levas os 21 retos para lograr a mínima pegada ecolóxica, unha bolsa con tres bombas de sementes e unha libreta feita a man.
Comprando este produto, estás microfinanciando os proxectos educativos que realizamos dende a cooperativa.
Os 21 retos :“21 días” son os que precisa o ser humano para acostumarse a realizar unha tarefa ou adquirir determinado hábitos, segundo indica cada vez máis investigadores. Así pois, seleccionamos 21 retos clave que che permitan mudar de hábitos e lograr a mínima pegada ecolóxica.
As bombas de sementes ou Nendo Dango (bolas de arxila en xaponés) son unha técnica de cultivo desenvolvida por Masanobu Fukuoka. O obxectivo é reforestar e restaurar zonas que perderon a súa biodiversidade.
Caderno feito a man con cartulina e papel reciclado.