Calendario impreso + Retos CooperAcción 2021

13,50 IVE incluído

O Calendario Interactivo CooperAcción 2021 está deseñado por máis de 23 persoas para impulsar a túa motivación a favor da sostibilidade neste 2021. Cada mes, o equipo de SomosTerra estaremos acompañándote  a través de 12 retos clave para transformar o teu estilo de vida e reducir a túa pegada ecolóxica. Recibirás o Calendario CooperAcción 2021 en pdf e un servizo de asesoramento personalizado valorado en 87€.

Hai existencias

Categoría: Etiquetas: , ,

Descripción

Participando no Calendario CooperAcción 2021 recibirás, cada mes,  unha invitación para participar nun reto sostible colectivo.

O equipo de SomosTerra estaremos aportando información clave para transformar o teu estilo de vida cos trucos máis efectivos para vivir de xeito sostible.

Propoñeremos xogos e dinámicas colectivas mensuais para poñer en práctica a sostibilidade no teu día a día  (consumo consciente, conservación da biodiversidade, enerxía sostible, sobernanía alimentaria, economía do tempo, etc.).

Ademais, recibirás o  calendario CooperAcción 2021 en formato dixital interactivo como ferramenta estratéxica para a túa propia transformación.

Beneficios sociais e ecolóxicos.

 A través dos 12 retos, estarás transformando os teus hábitos para alcanzar unha forma de vivir sostible, práctica e económica.

Formarás parte dunha comunidade de persoas que comparten o mesmo propósito.

Comprando este servizo, estás contribuíndo cunha cooperativa sen ánimo de lucro como é SomosTerra. Os fondos recaudados irán destinados a realización dos proxectos de cooperación local  programados para este 2021.

Características do Calendario CooperAcción 2021

A través da iniciativa CooperAcción 2021, máis de 23 persoas participaron na creación do Calendario CooperAcción 2021, co obxectivo común de inspirar á cidadanía para ser máis sostible.  Propostas artísticas a través de fotografías, debuxos, relatos curtos e poesía dan forma a un 2021 no que a sostibilidade, en todos os seus ámbitos,  por fin é a protagonista.

Podes consultar máis información sobre a Iniciativa aquí

Información adicional

Peso 1 kg
Dimensións 210 × 5 × 148 cm