Descripción
Participando no Calendario CooperAcción 2021 recibirás 12 retos, un cada mes, cunha invitación para participar nun reto sostible colectivo.
O equipo de SomosTerra estaremos aportando información clave para transformar o teu estilo de vida cos trucos máis efectivos para vivir de xeito sostible.
Propoñeremos xogos e dinámicas colectivas mensuais para poñer en práctica a sostibilidade no teu día a día (consumo consciente, conservación da biodiversidade, enerxía sostible, sobernanía alimentaria, economía do tempo, etc.).
Ademais, recibirás o calendario CooperAcción 2021 en formato dixital interactivo como ferramenta estratéxica para a túa propia transformación.
Beneficios sociais e ecolóxicos.
- A través dos 12 retos, estarás transformando os teus hábitos para alcanzar unha forma de vivir sostible, práctica e económica.
- Formarás parte dunha comunidade de persoas que comparten o mesmo propósito.
- Comprando este servizo, estás contribuíndo cunha cooperativa sen ánimo de lucro como é SomosTerra. Os fondos recaudados irán destinados a realización dos proxectos de cooperación local programados para este 2021.
Características do Calendario CooperAcción
A través da iniciativa CooperAcción 2021, máis de 23 persoas participaron na creación do Calendario CooperAcción 2021, co obxectivo común de inspirar á cidadanía para ser máis sostible. Propostas artísticas a través de fotografías, debuxos, relatos curtos e poesía dan forma a un 2021 no que a sostibilidade, en todos os seus ámbitos, por fin é a protagonista.
Podes consultar máis información sobre a Iniciativa aquí