Calendario CooperAcción 2021

10,00 IVE incluído

A través da iniciativa CooperAcción 2021, máis de 23 persoas participaron na creación do Calendario CooperAcción 2021, co obxectivo común de inspirar a xente para ser máis sostible.
23 propostas artísticas como fotografía, debuxo, relatos curto e poesía dan forma a este calendario, alimentando un 2021 no que a sostibilidade, en todos os seus ámbitos,
é por fin a protagonista.

Hai existencias

Categoría: Etiquetas: , ,

Descripción

Curiosidades sobre Calendario Cooperación 2021:

  • Decidimos contar coa cidadanía para facelo posible.
  • Compartimos unha idea inicial:
    “Imaxínaste ter un calendario que logre inspirarte para contribuir coa sostibilidade? Un calendario que motive á xente a actuar de forma sostible? Un calendario que nos recorde que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co planeta que habitamos e poñendo en práctica eso que dan en chamar “sostibilidade”?
  • Lanzamos unha convocatoria aberta á calquera persoa que quixera transmitir esa esencia de “vivir de xeito sostible”, en poemas, relatos, debuxos e fotografías.
  • Recibimos propostas que nos emocionaron profundamente durante o mes de outubro.

Hoxe non podemos estar máis contentas: Lográmolo! Creamos colectivamente o Calendario CooperAcción 2021!

Agora é o momento de compartilo con vós. Queremos convidarvos a participar nesta iniciativa para impulsar proxectos de cooperación local durante o vindeiro ano 2021!

Información adicional

Peso 1 kg
Dimensións 148 × 5 × 210 cm