A cooperación pode definirse como o conxunto de accións e esforzos que, xunto con outra ou outras persoas, levamos a cabo para acadar un obxectivo común. A palabra, como tal, provén do latín cooperatĭo, cooperatiōnis.
Neste sentido, a cooperación é o resultado dunha estratexia de traballo conxunta que aplica unha serie de métodos para facilitar a consecución do obxectivo común, tales como o traballo en equipo, accións coordinadas, etc.
Así, a cooperación é esencial para a vida en sociedade, porque é un xeito mellor e máis eficiente de xestionar asuntos baseados no interese colectivo.
No campo ecolóxico e noutras ciencias naturais, como a bioloxía, a cooperación coñécese como a relación de colaboración que se establece dentro dunha poboación de individuos da mesma especie para acadar obxectivos comúns, xeralmente ligados á protección contra ameazas externas.
Tendo como raíz este significado, dende a cooperativa SomosTerra demos en empregar o termo “CooperAcción”, indo un pouco máis aló para concretar a “acción colectiva para vivir de xeito sostible”.