Estás rematando os teus estudos da ESO, bacharelato, ciclos…. e non tes claro se queres continuar estudando, se queres poñerte a traballar, se queres ir a universidade, se vas a atopar algún traballo axeitado…?
Non te gusta o que estudas, non atopas traballo ou nada que encaixe contigo? Directamente estás perdid@ e non sabes que facer?
Hai numerosos proxectos europeos que poden axudarte a atopar o que te gusta, viaxar, coñecer xente e outros países, todo de balde.
Queres desfrutar dunha experiencia intercultural moi especial viaxando por países de toda Europa (e máis), todo completamente subvencionado e para todas as persoas?
Se tes entre 13 e 30 anos podes participar en moitas oportunidades europeas, abaixo podes ver os catro tipos de proxectos nos que podes participar simplemente por ter menos de 30 anos ou traballar coa mocidade.