As mulleres e as nenas representan a metade da poboación mundial e, polo tanto, a metade do noso potencial como humanidade. Con todo, a desigualdade de xénero persiste hoxe en todo o mundo e provoca o estancamento do progreso social.
Os datos e cifras que describen o contexto do ODS 5 son inconcibibles. Segundo a información aportada pola ONU, 200 millóns de mulleres e nenas en 30 países foron sometidas á mutilación feminina. Unha de cada cinco mulleres e nenas sufriron violencia física e/ou sexual por parte dunha parella íntima nos últimos 12 meses. Non queremos insistir nos datos.
Centrarémonos nas metas, tan urxentes como necesarias. Independentemente do lugar onde vivamos, a igualdade de xénero é un dereito humano fundamental. Promover a igualdade de xénero é esencial en todos os ámbitos dunha sociedade sa: desde a redución da pobreza ata a promoción da saúde, da educación e da protección e benestar das nenas e dos nenos.
A incorporación da perspectiva de xénero nos procesos de desenvolvemento céntrase en analizar e transformar todas aquelas relacións desiguais e de poder, que obstaculizan o goce equitativo dos beneficios do desenvolvemento e a plena participación das mulleres en todos os ámbitos da vida. Un exemplo de este necesario avance vese reflectido no reciente informe “Género y cambio climático. Un diagnóstico de situación“ no que se trata a inclusión da perspectiva de género de forma transversal no conxunto da política climática. Invitámosvos a botarlle unha ollada, directamente relacionada co ODS 13, Acción polo clima.
Presentamos a continuación o resumo das metas do ODS 5:

En SomosTerra compartimos a visión ecofeminista de que a subordinación das mujeres e a explotación da naturaleza son dúas caras dunha mesma moeda: a supeditación da vida á prioridade da obtención de beneficios dende a mirada patriarcal.
Por elo, centramos a nosa actividade empresarial na acción social enfocada cara á transformación socioecolóxica, o cal radica en impulsar unha profunda transformación nos modos nos que as persoas nos relacionamos entre nós e coa natureza, eliminando as fórmulas de opresión, imposición e violencia, e defendendo a VIDA, entendida desde o seu máximo alcance, a vida de todas as especies.
Se queres coñecer un pouco máis sobre o ecofeminismo:
