As desigualdades baseadas nos ingresos, o xénero, a idade, a orientación sexual, a discapacidade, a raza, a clase e a relixión seguen persistindo en todo o mundo. Segundo as cifras da ONU sobre o ODS 10, ata un 30% da desigualdade de ingresos débese á disparidade dentro do fogar, incluída aquela entre mulleres e homes. Tamén é moito máis probable que as mulleres vivan por debaixo do 50% da renda mediana.
A desigualdade está considerada como un risco fundamental para poder alcanzar o desenvolvemento sostible e o pleno exercicio dos dereitos humanos. O ODS 10 é un elemento central da Axenda 2030. Está dirixido a diminuír as desigualdades
que existen entre as persoas que viven dentro dun mesmo país, así como
fomentar a solidariedade entre países para trasladar os recursos necesarios aos países cun menor desenvolvemento, onde tamén sexa posible alcanzar as metas propostas polos ODS.
Para frear a desigualdade son necesarias políticas inclusivas, que reduzan as brechas salariais, acaben coa evasión fiscal e aseguren unha renda básica á poboación máis vulnerable. A continuación presentamos en versión resumida as metas propostas para este ODS na Resolución da Axenda 2030: