fbpx

Mes de natureza 2024

Durante este mes de Marzo, estivemos a celebrar unha nova edición do Mes da Natureza en Nigrán, xunto con teatro do Ar, e a colaboración do concello de Nigrán.

En total organizamos 17 actividades gratuítas, elaboradas durante todo o mes, dirixidas ás escolas, á veciñanza e ás familias de Nigrán, para desfrutar con cultura do noso patrimonio material e inmaterial.

Obradoiro familiar: Correde pitiñas!

Comezamos a primeira actividade cun xogo participativo dirixido á cativada, onde tiveron que atopar unha galiña desaparecida dunha veciña de Nigrán…durante esta viaxe foron coñecendo outros animaliños, en perigo de extinción en Galicia.

Foi moi divertido e ó final a galiña apareceu! : )

Feira de natureza

Unha das novidades deste ano foi a Feira da Natureza. Un evento que nos axudou a coñecer a artistas e emprendedores de Nigrán. Contamos con 12 postos de persoas marabillosas que souberon amosarnos o seu arte e a súa dedicación no coidado da natureza. Tivemos viño natural, ilustracións, literatura, deseño de roupa, traballos con madeira, xoias feitas a man…

Unha verdadeira pasada o que facedes!

Durante a feira tamén tivemos unha charla da man de Mycogalicia. Explicaronnos como adican o seu traballo a promover a mellora forestal potenciando o desenvolvemento rural dende a Micoloxía, a Botánica e outros campos do medio ambiente.

E seguindo coas actividades do mes, non faltaron nesta edición os obradoiros de natureza e teatro nas hortas urbanas municipais. Pasámolo bomba inmprovisando historias divertidísimas e facendo tintes naturais con flores silvestres!

Este ano vímonos na obriga de adiar algunas actividades debido ó clima. Así que cambiamos a data para poder facelas máis adiante.

Ruta

Rutas teatralizadas

As actividades preferidas pola veciñanza son as rutas e visitas teatralizadas. A primeira tivo lugar en Monte Castelo de Parada, centrada en personaxes mitolóxicos galegos e na que algún dos asistentes casaron nunha voda celta! A Segunda será o día 20 de Abril, xa que tivemos que adiala pola choiva. Terá lugar en monteferro, cunha busca do tesouro e de herbas de san Xoán.

Certame Videoliterario: Ollo con Nigrán

E tamén este ano houbo certame video literario: Ollo Con Nigrán.No que se entregaron mais de 1000 euros en premios para gastar no comercio local. Más de 30 videos cunha ollada fermosa da nosa contorna…o xurado o tivo moooiii difícil!!

Noraboa a tod@s!

E para rematar ben o mes, a estrea de “SECA” . Un cheo absoluto no Auditorio do concello, da man por suposto de Teatro do Ar. Unha comedia para pensar un pouquiño…

Obra
Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad