Cando se imaxinan un Nigrán do futuro que vén? Esa é a pregunta coa que o Concello, Teatro do Ar e SomosTerra creamos o programa do “Mes da Natureza” que encheu de cultura e sostibilidade os distintos espazos do municipio con 17 actividades gratuítas para pequenos e maiores co obxectivo de mostrar o gran valor natural da comarca, divulgar a importancia do coidado da nosa contorna e crear como sociedade as ideas dun Nigrán máis sostible, máis accesible e máis xusto.
Todas as actividades foron gratuitas, unicamente foi necesario inscrición paras as visitas teatralizadas e o obradoiro de teatro e natureza do 4 de marzo.
Actividades
Obradoiro de teatro e natureza
O sábado 4 de marzo ás 11.30 horas no Auditorio Municipal houbo unhas xornadas de natureza e teatro para os máis pequenos e pequenas. Todos os nenos e nenas de Nigrán poderán asistir e participar en varios talleres de xogos con natureza, pintacaras e improvisación para aprender xogando.
Inscricións no obradoiro
Obradoiros de horta
O xoves 9 de marzo todas as persoas puideron iniciarse no traballo na terra cunhas xornadas abertas na horta municipal de Ramallosa ás 17.00 horas.
A horta de Nigrán, no parque Vázquez Grela, tamén acolleu as xornadas de traballo na terra o xoves 23 ás 17.00 horas.
Obradoiros de teatro
A horta municipal de Ramallosa acolleu o martes 14 ás 17.00 horas unhas clases de teatro abertas que utilizarán o espazo como un escenario.
A horta de Nigrán, no parque Vázquez Grela, tamén acolleu as mesmas xornadas o martes 28 ás cinco da tarde.
Rutas teatralizadas
Coñecer o espazo natural de Nigrán é outro dos obxectivos do Mes da Natureza. Houbo dúas rutas teatralizadas: unha polos muíños de Camos con saída o domingo 12 ás 11.00 horas no que se puido ver a actividade agraria histórica da parroquia á beira do río Muíños.
A outra ruta foi polo Parque da Memoria e o Castro de Chandebrito no que se lembraron os incendios, estudouse a xestión forestal e a vida castrexa. Foi o domingo 19 ás 11.00 horas.
Inscricións nas rutas teatralizadas
Certame videoliterario “Ollo con Nigrán“
O sábado 18 foi a entrega de premios do certame “Ollo con Nigrán”, un concurso de vídeo onde se difundiu a natureza do concello con 1.000 euros en premios destinados a consumir no comercio local.
Mais información
Xornadas de economía local
O sábado 25 de marzo a Biblioteca Municipal acolleu unhas xornadas adicadas á formar e dar voz ao tecido sostible e económico de Nigrán. Comezaron ás 16.00 cun obradoiro aberto ao público no que traballar distintos aspectos para coñecer hábitos de consumo consciente e traballar no comercio local con sostibilidade, ás 17.00 h haberá unha mesa redonda na que empresas como Trisk-Ale ou Ertha Surfboard falarán da súa experiencia emprendendo en Nigrán e ás 18.00 h será a quenda da charla “Restauración de ecosistemas en climas desérticos”, da man do nigranés que está a reforestar o Sáhara, Alexandre Pereira.
Estrea da obra e teatro “Chao”
O domingo 26 ás 19.00 no Auditorio Municipal, Teatro do Ar estreou a súa nova obra “Chao”, unha peza que reflexiona sobre o abandono rural e as memorias que desaparecen cos lumes que se apagan no fogar.