fbpx

Programa educativo Máis aló do prato

Máis alo do prato é un proxecto educativo co obxectivo principal de analizar o sistema alimentario dende as aulas, estudando todas as fases (produción, comercialización, consumo, etc.) e a pegada ecolóxica que levan consigo cada unha de elas, poñendo en valor o comercio e produción local e implantando dietas saudables e sostibles. 

Os centros poden participar nunha modalidade presencial (contactando con nós a través do correo electrónico ou o teléfono) e de xeito telemático a través do Plan Proxecta dentro do recurso máis aló do prato.

Programación

  • Etapa 0: Presentación, Por que analizar o sistema alimentario? Nesta etapa nos iniciaremos en conceptos como o cambio climático, os límites planetarios e os cambios no uso da terra para coñecer as consecuencias do actual sistema de produción e consumo de alimentos.
  • Etapa I: Como e onde se produce a nosa comida? Nesta etapa coñeceremos os sistemas de produción alimentaria.
  • Etapa II: Onde mercamos a nosa comida? Nesta etapa nos adentraremos na comercialización dos nosos alimentos e os establecementos de venda.
  • Etapa III: Que consumimos? Unha vez coñecemos como funciona o sistema alimentario poñeremos o foco no que comemos, comimos e debemos comer.
  • Etapa IV: Diagnose local Despois de formarnos sobre a produción e o consumo alimentario das persoas, analizaremos a nosa propia alimentación a través dun cuestionario e utilizando metodoloxías participativas.
  • Etapa V: Análise de resultados Nesta etapa analizaremos os resultado da diagnose local para establecer as conclusións sobre a nosa alimentación e o noso consumo.
  • Etapa VI: Plan de accción Por último, presentaremos un plan de acción para mellorar a nosa forma de consumir e alimentarnos.

Centros participantes

  • CIFP Compostela
  • IES A Pinguela
  • IES Plurilingüe Castro da Uz
  • CPI Julia Becerra Malvar
  • IES Ramón Otero Pedrayo
  • IES Ramón Cabanillas
  • CEIP-Mosteiro de Bembrive
  • CEIP Eduardo Pondal
  • CEIP Plurilingüe Frián-Teis
  • CEIP Eduardo Ávila Bustillo
  • CEE de Panxón
  • CIFP compostela
  • CEE Infanta Elena
  • CEIP Da Cruz
  • IES Ordes
  • IES Breamo
  • CPR Nosa señora de la Asunción
  • IES As insuas
  • CPI San Tomé de Carballo
  • CPI Virxe da Saleta
  • IES Punta Candieira
  • CPR Alca
Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad