Axenda 2030 como ferramenta estratéxica

Unha das principais fórmulas que empregamos consiste en incluír a Axenda 2030 como ferramenta para transformar a motivación das persoas que queren construir un mundo mellor…

….en proxectos viables con accións concretas para contribuir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Para conseguilo, contamos coa posición estratéxica de SomosTerra, que se sitúa como ponte entre as institucións públicas e a poboación local.

Desenvolvemos a diagnose participativa para escoitar as necesidades da cidadanía, a súa opinión sobre os problemas que detecta na súa contorna ou aqueles desexos que ten para conservar o territorio. Así, deseñamos e coordinamos proxectos de innovación social para activar a transformación socioecolóxica no territorio galego.

Damos voz aos os diferentes axentes da sociedade involucrados e escoitamos o seu poder de cambio. Creamos espazos de escoita participativa para cocrear as bases de aqueles proxectos que teñan o obxectivo común de fomentar a sostibilidade no territorio.

Os posibles axentes da sociedade implicados son: os gobernos locais, as universidades galegas, os centros educativos, as diferentes entidades (públicas e privadas) e cidadanía en sí mesma.

E ti, xa coñeces a comunidade de Axentes do cambio? Queres emprender a viaxe cara á sostibilidade con todas nós?