Iniciativa CooperAcción 2021

A través de esta iniciativa queremos contar coa cidadanía para facer realidade un 2021 consciente e sostible.

Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de vida no mundo que habitamos. 

Pero…  e se poñemos en práctica a CooperAcción  para motivar a máis persoas?

“CooperAcción: acción colectiva para vivir de xeito sostible!”

Visibilicemos os exemplos en acción a favor da sostibilidade!

Con esta idea, lanzamos diferentes convocatorias abertas á cidadanía:


O obxectivo é mapear as iniciativas que existen no territorio galego que contribúen ao fomento da sostibilidade. Poden ser asociacións, empresas ou mesmo accións individuais que demostran que actuar de forma consciente e sostible neste 2021 é posible. Se tes en mente algunha iniciativa que comparta este obxectivo, descubre como participar neste enlace. Se non tes exemplos na mente, podes suscribirte para recibir información sobre as novidades na CooperAcción 2021 no mesmo enlace. 


 

Se queres dar un paso máis aló, podes entrar a formar parte nos 12 retos por un 2021 máis consciente e sostible. Formarás parte dunha comunidade de persoas que comparten o mesmo propósito: reducir a nosa pegada ecolóxica. Descubre toda a información neste enlace.


A partir de marzo lanzaremos mensualmente un boletín informativo sobre sostibilidade, no que trataremos a transformación socioecolóxica no territorio galego dende diferentes áreas (ciencia, accións locais, cultura, opinión, etc.). Para a creación do boletín lanzaremos convocatorias participativas, xerando un espazo de expresión colectiva.


 

Tamén podes colaborar coa CooperAcción a través do calendario solidario da Iniciativa. Compartimos toda a información a continuación:

                            ↓

 A través da iniciativa CooperAcción 2021, máis de 23 persoas participaron na creación do Calendario CooperAcción 2021, co obxectivo común de inspirar a xente para ser máis sostible.  23 propostas artísticas como fotografía, debuxo, relatos curto e poesía dan forma a este calendario, alimentando un 2021 no que a sostibilidade, en todos os seus ámbitos, é por fin a protagonista.

Podes consultar máis información e/ou reservar o calendario este enlace

 

“Axentes do cambio”

Somos persoas

que damos exemplo 

a favor da sostibilidade,

persoas que desexamos 

un cambio na realidade,

en acción 

por un estilo de vida responsable,

Soñamos cun 2021

consciente e sustentable,

entre todas podemos facer

este soño realidade.