EN QUE CONSISTE?
A iniciativa CooperAcción 2021 está dirixida a calquera persoa que teña interese en pasar a acción a favor da sostibilidade. Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co mundo que habitamos e poñendo en práctica eso que dan en chamar “desenvolvemento sostible”. Pero… e se poñemos en práctica a CooperAcción para chegar a máis persoas?
“CooperAcción”: inspiración colectiva para realizar a acción de vivir de forma sostible.
A través de esta iniciativa queremos contar con vós para facer realidade os proxectos de cooperación local que estamos iniciando neste 2021. Buscamos persoas con inquietude sobre a sostibilidade, persoas que teñen impulso por vivir de xeito sostible. Persoas que queren contribuir coa transformación socioecolóxica que reclama a nosa sociedade.
FORMAS DE COLABORACIÓN
Ecosistema SomosTerra