Equipo

Raquel Gómez

Raquel é Bióloga especializada en Neurociencia pola Universidade de Vigo.  A súa experiencia baséase na educación, con gran fincapé na educación en valores, sobre todo, de carácter  ambiental a través de diferentes obradoiros e actividades. Dentro da Cooperativa SomosTerra é educadora ambiental, divulgadora científica  e coordinadora de proxectos.

Eva Quiroga

Eva é bióloga, especializada na Xestión do Desenvolvemento Sostible pola Universidade de Vigo. Realizou estudos de investigación no ámbito da xestión sostible dos residuos orgánicos. Ademais, participou en proxectos europeos para favorecer o desenvolvemento local no medio rural, tanto na liña de emprendemento sostible, como en plans para combater o fenómeno de despoboación. Actualmente, o seu campo de investigación está directamente vinculado co fomento da sostibilidade no territorio rural. Dentro da Cooperativa SomosTerra é educadora ambiental divulgadora científica
e coordinadora de proxectos de innovación social para o fomento da sostibilidade no territorio rural.

Laura Magalhães

Laura é brasileira, dunha cidade do Río de Janeiro, pero namorouse de Galicia desde que chegou en 2018 para facer unha parte do seu doutorado na Universidade de Vigo, sobre temas relacionados co dereito ambiental e o urbanismo. Xa co doutorado realizado en Brasil no 2019, volveu a España para facer un máster vinculado á cátedra UNESCO en Educación Ambiental e hoxe vive en Ourense. Sempre tivo o soño de axudar as persoas a atopar o seu propio camiño cara á verdadeira sostibilidade e, polo tanto, ten formación en xestión ambiental e educación ambiental, ademais de ser avogada ambiental con longa experiencia en Brasil. En decembro de 2019, atopou as fundadoras de SomosTerra e encantoulle o seu traballo e todo o que viu. Desde entón, as tres permanecen unidas no mesmo propósito.