Dentro do Ecosistema Somosterra podes ter acceso a:
►Boletín CooperAcción a través do cal compartimos con vos a información clave e actualizada que recopilamos cada mes.
►Biblioteca Viva da Sostibilidade para profundar nos diversos conceptos do mundo da sostibilidade, de forma accesible e dinámica.
►Clube de lectura onde podemos conversar sobre libros e documentos que nos axudan a entender mellor a forma na que nos relacionamos coa natureza dende as diversas perspectivas da sostibilidade. Temos un chat para falar virtualmente e realizamos tamén encontros online para compartir reflexións colectivas.
►Clube de observación da sostibilidade a través da cultura onde expresarnos dende a profunda conexión entre a arte e a ciencia, comprendendo a sostibilidade dende esa perspectiva transdisciplinar e colectiva. Un espazo para fomentar a sostibilidade a través da cultura, onde poder conversar coas persoas que formamos parte da comunidade.
►Acceso ó chat da comunidade para compartir información e inquietudes entre a propia comunidade.
►Acceso ás Xuntanzas Mensuais nas que en cada lúa chea conversamos sobre temas diversos relacionados coa forma coa que nos relacionamos coa natureza e con nos mesmas.
►Acceso a cursos especializados en sostibilidade, información científica actualizada e casos prácticos (Axenda 2030, Economía ciruclar, Voluntariado e ODS, liderazgo ambiental, agroecoloxía…)
►Sesións de asesoramento personalizado