fbpx

Desfrutar do Consumo Consciente

Cada vez máis persoas buscamos alternativas ante a inercia do consumo masivo que caracteriza a sociedade na que vivimos actualmente. Dende que nos levantamos ata que nos deitamos estamos consumindo (alimentos, roupa, auga, enerxía…). Pararnos a reflexionar antes de consumir é un acto revolucionario. Sendo conscientes de que consumimos e como o consumimos, tendo en contas os nosos valores (solidaridade, responsabilidade social, ecoloxía…) podemos chegar a transformar o modelo de produción cara ese modelo co que soñamos, onde a sostibilidade e os dereitos das persoas e dos seres vivos están no centro.

Porén, coñecemos a moitas persoas que renuncian a ter un estilo de vida máis sostible porque consideran que é inútil mentres as grandes multinacionais continúan contaminando sen parar. Tamén coñezo a persoas que sofren moito por non poder reducir máis e máis a súa pegada ecolóxica individual. Para min a clave está no equilibrio entre ambas posturas, e nese equilibrio nace o consumo consciente.

O consumo consciente (ou consumo responsable) é unha ferramenta moi poderosa que temos á nosa disposición para vivir dun xeito máis sostible e sen contribuír coas inxustizas sociais. Implica pensar as consecuencias das nosas decisións de consumo e achegar as nosas prácticas ao noso propio criterio eco-lóxico.

  • A primeira consecuencia, máis directa é a satisfacción persoal de vivir en consonancia co que pensamos.
  • A segunda é sermos activistas a través das nosas decisións de compra, pois podemos decidir a quen apoiar a través do consumo consciente.

Durante o Nadal, este exercicio do consumo consciente pode verse alterado polas presas de conseguir un agasallo para cada ser querido. Ás veces, a falta de tempo lévanos a consumir de forma impulsiva. No noso caso, sempre foi un reto atopar unha alternativa sostible, económica, útil, acorde cos nosos valores, que encaixe nesta tradición de compartir agasallos no Nadal. Pois ben, para facilitar esta búsqueda decidimos montar a Tenda para o Consumo Consciente, onde podedes mercar agasallos sostibles e solidarios.

Sostibles porque foron deseñados e manufacturados tendo en conta a mínima pegada ecolóxica. É dicir, todos os agasallos están feitos a man polas socias da cooperativa.

Solidarios porque coa túa compra estás colaborando coa microfinanciación dos proxectos educativos impulsados por SomosTerra.

Deixa unha resposta

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad