Durante o mes de abril e maio poderás desfrutar dun curso formativo sobre horta ecolóxica en Priegue, Avenida de Pablo Iglesias, 39 (Nigrán). O curso será en formato presencial en tres sesións que contarán cunha parte teórica e outra práctica. As sesións serán os días:
- Sábado 12 de abril de 11:00-14:00
- Sábado 26 de abril de 16:30-19:30
- Sábado 3 de maio de 11:00-14:00
Poderán asistir a calquera das sesións, aínda que recomendamos acudir a todas para aprender o máximos coñecementos.
Os contidos do curso son:
- A Agricultura ecolóxica
- Elementos clave para o deseño da horta
- Preparación do solo
- As plantas: calendario, sementeira, plantación e colleita
- Asociacións e rotacións de cultivos
- Fauna e flora na horta: aliados e control de plagas
- Remedios naturais
O prezo é de 40 € a sesión mais se colaboraches na campaña de microfinanciación o curso pode saírte gratuíto:
- Colaboradores na campaña con 150 euros, 100 % de desconto.
- Colaboradores con 75 euros, 50 % de desconto
- Colaboradores con 50 ou menos, 25 % de desconto.