Convocatoria aberta á cidadanía para o 1º Boletín Informativo

A Cooperativa SomosTerra lanza un concurso de creación para participar no 1º Boletín Informativo, dirixido a calquera persoa que teña interese na sostibilidade.

Con este Boletín Informativo queremos poñer de manifesto a necesidade de pasar a acción a favor da sostibilidade. Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co mundo que habitamos e poñendo en práctica eso que dan en chamar “desenvolvemento sostible”.

Pero…  e se creamos un Boletín no que expresarnos para inspirar a máis persoas? Queremos contar con todas as persoas que queiran participar para cocrear un espazo de expresión colectiva. Presentando o teu ensaio sobre sostibilidade, podes formar parte deste Boletín. O xurado escollerá as tres propostas que máis encaixen co formato planteado.

Invitámosvos a expresarvos a favor da sostibilidade!

Buscamos propostas que compartan a esa esencia de “vivir de forma sostible”,

propostas que alimenten a acción por vivir de xeito sostible!

Participando neste concurso colaboras cunha cooperativa sen ánimo de lucro como é SomosTerra