Con esta iniciativa queremos poñer de manifesto a importancia de ter presente a nosa conexión coa natureza. Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co mundo que habitamos. Pero, tamén sabemos que moitas persoas están totalmente desconectadas da natureza.
Dende esta reflexión propoñemos a presente creación colectiva! A través de fotografías, relatos, videos… podemos inspirar á xente a sentirse parte da natureza. Buscamos propostas que compartan a esa esencia, propostas que alimenten a conexión coa Terra!
Cóntanos o que significa para ti esta conexión. Non queremos limitar a túa creatividade, polo tanto, estamos abertas a diferentes modalidades:
-
- Escrito (poema, ensaio, relato curto, etc.)
- Video (curtametraxe, música, danza, etc.)
- Audio (reflexión, conversa, gravación de voz, etc.)
- Imaxe (fotografía, debuxo, deseño, pintura, etc.)
comunidade@somosterra.gal
Decidimos ampliar o prazo de recepción de propostas durante todo o ano.
Fotografía
Video
Escrito
Nun intre, dun día calqueira decididamente, animeime a deixar tras de min o frío asfalto que xa nada me decía e que xa nada me podía apotar, para poder bicar a miña terra nai, que cos seus bazos abertos me daba a ben vida. Alí, a flor da sua pel, na pel de mama e como si dun intenso aquellarre se tratase, estaban reunidas todas as divinas almas que a partir de enton me ian a axudar a levar a miña nova vida adiante. Non escatimei en coidados hacia elas, nin en lle ofrecer o meu agarimo, que con sumo agrado aceptaron de inmediato e me adiquei a lle levar todos os dias regadeiras cheas da bondo, da auga mais fresca do lugar e carros cheos do estercol mais ecolóxico que nos cortellos puiden encontrar. A nosa conexión foi tal, que chegamos a crear unha armonía totalitaria, onde se pode decir que casi me fundin coa paisaxe.
Creo xa me me parezo as bolboretas multicores que aletean de flor en flor ou os paxaros que voan e revoan en liberdade ou os caracoles que se van arrastrando polo chan no seu canso camiñar. As incansabels abellas de cando en vez pasan zumbando nunhas detrás das outras nunha carreira estrepitosa preto dos meus ouidos e as mariquitas, de duas en duas, se seguen sonroxando sempre que me ollan. Xa somos unha gran familia que se entende. Que se quere e unidas formamos un perfecto engranaxe, un conxunto, onde todos e todas somos imprescindibels para a sostenibilidade dun planeta que lentamente e lamentablemente vai agonizando en mans do insostible e autoritario monstruo chamado capitalismo, que non escatima en expoliar e fostigar as xentes e o noso planeta. Por eso a vida no campo e as mans undidas na terra coas uñas negras son o noso futuro para lle alargar a vida a nai que todolos días nos da de comer e que tan xenerosamente nos fixo o agasallo, dun inmenso, mar
Ola, nos xa levamos unhs cantos anos no coidado da nosa natureza…
Mándoche algúns dos traballos sobre a Vespa velutina.
-Evolutionary and Ecological Pressures Shaping Social Wasps Collective Defenses, Annals of the Entomological Society of America, 2021;, saaa063, https://doi.org/10.1093/aesa/saaa063
-Human Fatalities Caused by Hornet, Wasp and Bee Stings in Spain: Epidemiology at State and Sub-State Level from 1999 to 2018. Biology 2021, 10, 73. https://doi.org/10.3390/biology10020073
-Notes on the Nest Architecture and Colony Composition in Winter of the Yellow-Legged Asian Hornet, Vespa velutina Lepeletier 1836 (Hym.: Vespidae), in Its Introduced Habitat in Galicia (NW Spain). Insects 2019, 10, 237. https://doi.org/10.3390/insects10080237
-Extraction and Physicochemical Characterization of Chitin Derived from the Asian Hornet, Vespa velutina Lepeletier 1836 (Hym.: Vespidae). Molecules 2020, 25, 384. https://doi.org/10.3390/molecules25020384
– Main allergens in European hornet (Vespa crabo Linnaeus, 1758 ) and Asian hornet (Vespa velutina Lepetelier, 1836): a comparative study of their structural properties. Proceedings 2020, (doi:10.3390/ecsoc-24-08294).
Somos terra, e a terra ei volver. Pero mentres, quero vivir o que me quede con alegría e ilusión e con pasión.
Pasión por un día Mellor.
Por disfrutar do despertar de cada mañanciña.
Por ver a luz do sol un día máis.
Por ver os meus medrar, e ver como os meniños medran, saltan e rin como facía eu algún día.
A terra, a vida, a luz da estancia vivida.
Na sabia da terra.
RECOPILACIÓN:
Tachán! Decidimos autoeditar esta recopilación das vosas achegas en formato caderno. Se che gustaría ter un exemplar en físico, podes contactarnos en comunidade@somosterra.gal
Para descargar a versión dixital, podes facelo no botón de descarga