
PRAZO AMPLIADO ata o 13 de novembro!
A Cooperativa SomosTerra lanza un concurso de creación para a elaboración do “Calendario CooperAcción 2021” dirixido a calquera persoa que teña interese na sostibilidade.
Con este calendario queremos poñer de manifesto a necesidade de pasar a acción a favor da sostibilidade. Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co mundo que habitamos e poñendo en práctica eso que dan en chamar “desenvolvemento sostible”.
Pero… e se poñemos en práctica a cooperación para chegar a máis persoas? Imaxínaste ter un calendario que cada día inspire as persoas para contribuir coa sostibilidade? Esa é a temática deste concurso, esta é a iniciativa de CooperAcción que promovemos. O xurado seleccionará 12 propostas que darán vida ao calendario, unha proposta por cada mes.
Invitámosvos a expresarvos a favor da sostibilidade! Buscamos propostas que compartan a esa esencia de “vivir de forma sostible”, propostas que alimenten a cooperAcción!
Cóntanos o que significa para ti a sostiblidade, expresa o que sintes cando soñamos cun mundo sostible. Cada vez somos máis cocreando a transformación socioecolóxica!
Participando neste concurso colaboras cunha cooperativa sen ánimo de lucro como é SomosTerra. Unha porcentaxe das ventas dos calendarios unha vez publicados irá destinado a proxectos de cooperación local.
Me gusta mucho esta iniciativa, haré por participar
Muchas gracias! Esperamos con ilusión tu propuesta.