fbpx

Concurso creación colectiva Calendario 2023

Lanzamos a III Edición do concurso de creación do “Calendario CooperAcción 2023” dirixido a toda persoa que teña interese na sostibilidade.

Con este calendario queremos poñer de manifesto a necesidade de pasar a acción a favor da sostibilidade. Sabemos que cada vez somos máis as persoas que nos empeñamos en facer as cousas con sentidiño, tendo en conta o impacto que ten a nosa forma de interactuar co mundo que habitamos e poñendo en práctica eso que dan en chamar “desenvolvemento sostible”.

Pero…  e se poñemos en práctica a cooperación para chegar a máis persoas? Imaxínaste ter un calendario que cada día  inspire as persoas para contribuir coa sostibilidade? Esa é a temática deste concurso, esta é a iniciativa de CooperAcción que promovemos. O xurado seleccionará 12 propostas que darán vida ao calendario, unha proposta por cada mes.

Invitámosvos a expresarvos a favor da sostibilidade! Buscamos propostas que compartan a esa esencia de “vivir de forma sostible”, propostas que alimenten a cooperAcción!

Cóntanos o que significa para ti a sostiblidade, expresa o que sintes cando soñamos cun mundo sostible. Cada vez somos máis cocreando a transformación socioecolóxica.

Consultar BASES

Deixa unha resposta

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad