Hoxe é o segundo aniversario da cooperativa SomosTerra e queremos botar unha vista atrás e compartir con vós unha visual do que foron estos dous anos de andanzas polos mundos da economía social e a sostibilidade territorial.
[SUBSTÍTULOS DO VIDEO]
Sempre nos gusta comezar por como xurdiu SomosTerra e xurdiu en realidade no 2017 a raíz da vaga de incendios forestais tan severos que houbo en Galicia. Aí Raquel e máis eu decidimos xuntarnos para crear unha planta de compostaxe, vermicompostaxe e xeración de biogás, co obxectivo de xestionar de forma eficiente os residuos orgánicos/biorresiduos da cidade de Vigo.
Presentamos esta idea no 2018 na incubadora de negocios da Universidade de Vigo e resultamos gañadoras. Pasamos un ano estudando sobre emprendemento, sobre modelos de negocio, validando a idea e pivotando. Así foi como en xaneiro de 2019 naceu SomosTerra tal e como a coñecemos hoxe en día, cos servizos que ofertamos.
Durante este tempo tamén estivemos realizando investigación científica sobre a optimización do proceso de vermicompostaxe porque consideramos que é unha forma realmente beneficiosa para xestionar residuos orgánicos.
Ademais, comezamos a participar na Aceleradora de Economía Social ES-CONECTA, que foi un suceso transcendental para nós, porque foi cando namoramos profundamente da Economía Social e decidimos ser sociedade cooperativa galega xuvenil sen ánimo de lucro.
Pouco despois, recibimos o premio da Universidade de Vigo INCUVI- AVANZA para seguir formando parte desa incubadora de negocios e consolidar o noso proxecto. Foi unha experiencia marabillosa que nos permitiu traballar durante 12 meses dende Porto do Molle, xusto nunha oficina en Nigrán. Esta experiencia foi clave para consolidar a nosa actividade profesional.
Así foi como en decembro do 2019 naceu SomosTerra de forma oficial. Dende o 2019 pois… fixemos moitas cousas! Contámolo na próxima publicación.