Dende SomosTerra e Teatro do Ar colaboramos de novo para crear co concello de Nigrán en 2026 un Certame Vídeo-Literario

:
O certame consta de tres categorías:
- Categoría Estelas: Nenos, nenas, mozos e mozas de Nigrán nadas no ano 2011 ou posteriores
- Categoría Lourido : Mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 1996 e 2010
- Categoría Monteferro: Persoas nadas antes do ano do 1996
Haberá 1.500 euros en premios a repartir entre os tres primeiros clasificados de cada categoría. Todos eles para gastar no comercio local.
Se eres dunha entidade de comercio de Nigrán e queres ser unha das receptoras dos premios inscríbete aquí.
Anímaste a participar? Tes de prazo ata o 23 de Marzo ás 23:00.