fbpx

Remate do noso primeiro ano acollendo voluntariado europeo

O noso primeiro voluntariado europeo

O día 1 de outubro de 2024 comezou a nosa primeira experiencia acollendo e coordinando un programa de voluntariado europeo dentro do Copo Europeo da Solidaridade. Nesta primeira experiencia acompañáronnos Via e Alessandro, ela de Hungría e el de Italia estiveron traballando con nosco para facer posible o noso proxecto No Eido: un bosque para a veciñanza

Durante as súas primeiras semanas estivemos falando de cambio climático, de soberanía alimentaria e das problemáticas que temos en Galicia cos incendios forestais e as especies invasoras. Así, puideron comprender porque creamos este proxecto e a importancia do seu traballo con nós. Todo isto, por suposto coa benvida do outono galego. 

Continuamos o voluntariado cunha formación sobre horta ecolóxica e súa primeira construción dunha leira con pequenas madeiras nun cole da contorna. Máis esa non foi a única construcción que fixemos, tamén creamos o noso baño seco, para poder utilizalo no noso bosque, aínda que, a porta deste está agardando á chegada das novas voluntarias para ser colocada. Durante unhas semanas máis continuamos coa construción desta vez, da horta da nosa finca, na que probamos diferentes técnicas, formas e materiais. Máis aínda nos faltaba algo máis para poder rematar as nosas tarefas coa madeira, en novembro contruímos a nosa caseta para gardar as ferramentas e protexelas da choiva. 

Non todo ía a ser construción, tocaba coller o sacho, preparar a terra e, por suposto, comezar coas primeiras plantacións.  

Máis lembramos con gran alegría a inauguración do noso bosque coa plantación de flores durante o mes de novembro e as dúas plantacións de froiteiras nos meses de febreiro e marzo onde asistiron máis de 50 persoas a colaborar co noso bosque e continuar fomentado unha xestión forestal alternativa e un sitema alimentario diferente e respectuoso co medioambiente e as persoas. 

Os traballos no bosque son ilimitados, máis moitos dos nosos esforzos estiveron adicados a mellorar a calidade do solo e a redireción da auga. Para o primeiro preparamos principalmente dous remedios naturais: o bockashi e un biofertilizante feito con purín. Este último foi ingrediente principal de bastantes días do voluntariado na finca, sendo un gran aporte de materia orgánica para o noso solo empobrecido polo crecemento dos eucaliptos. 

Outra das nosas tarefas máis usuais foi a redirección da auga, para esta, tiñamos que utilizar un agronivel, calcular a pendente e sachar, sachar moito, moi profundo e sacando moitas pedras. 

Non vos preocupedes non todos os días foron de esterco e sacho, tamén participamos noutras actividades de volutnariado, quitando especies invasoras, reforestando o bosque queimado e traballando na horta do centro Juan María. 

Agora o voluntariado de Via e Alessandro rematou, foi unha primeira experiencia preciosa e sentou as bases para continuar construíndo o bosque da veciñanza. Agora tócalle ás novas voluntarias. 

Primeiro ano de proxectos solidarios

Primeiro ano de proxectos solidarios

Durante o ano 2024 dende a cooperativa SomosTerra comezamos a traballar con proxectos europeos a través de dous programas do Corpo Europeo da Solidaridade: 
-O Voluntariado 
-Os proxectos solidarios

Este primeiro ano axudamos a levar a cabo un proxecto de 5 mozas e mozos da comarca en Nigrán. este proxecto consistía na creación de unha horta ecolóxica con un grupo de persoas,  tratando de fomentar a inclusión social e o traballo colaborativo entre varios colectivos. Durante o programa creamos, aprendimos, cultivamos , colleitamos e realizamos o mantemento dunha horta de forma ecolóxica e respectuosa co medioambiente, buscando a biodiversidade e a protección do solo. 

Para aprender máis sobre a xestión de proxectos solidarios e compartir a nosa experiencia,  unha das nosas persoas mozas fundadoras do proxecto asistiu durante 4 días de xuño a Helsinki (Finlandia) ao Congreo Meet-Up sobre Proxectos solidarios de toda Europa, onde coincidiu con máis de 60 persoas con outros tantos proxectos diferentes de todos os ámbitos pero que buscan o mesmo activar a mocidade para crear unha Europa máis verde, máis inclusiva e máis participativa. Desta experiencia traemos máis forzas, novas ideas e novos compañeiros e compañeiras cos que colaborar nun futuro.

Queres saber máis sobre os proxectos solidarios? Preme aquí.

Cartel proxectos europeos (1)
Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad