fbpx

LUMES NUNCA MÁIS!

Ano tras ano temos o mesmo sentimento de tristura amarga e frustración profunda. Arden os nosos montes e non hai medios suficientes, nin de prevención nin de extinción… nin de consolación. Ver as noticias istos días é terrorífico. A impotencia que sentimos onde a gardamos? Xa non nos cabe dentro.

Hoxe ás 20h estaremos nas concentracións. Dende a cidade pouco máis podemos facer. Pero calar xamáis: LUME NUNCA MÁIS!

Dende SomosTerra queremos compartir unha serie de artigos que consideramos importantes para comprender o que está pasando en relación aos incendios de hoxe en día. Para comezar, deixarémoste con Juan Picos para comprender como foi o incendio vivido no Courel:

Incendios que mudan o vento e “interactúan” entre si: estudan como o lume do Courel propagou as lapas en Valdeorras

Neste outro artigo podes informarte sobre a urxencia de máis medios de extinción e a necesidade de abordar as causas estruturais dos incendios:

CIG e BNG advirten de que brigadas municipais contra incendios están sen constituír ou padecen escaseza de medios

Tamén, por se queres afondar sobre ese tipo de incendios máis explosivos que se mecionan no anterior artigo, deixámoste de novo con Juan Picos:

La virulencia del fuego pone en entredicho el modelo español de prevención de incendios

Por último, con Lidia Rodríguez, testemuña en primeira persoa:

Papá é brigadista

Nós, pola parte que nos toca, seguiremos traballando nas alternativas que nos permitan ter unha vida digna no rural, en armonía co medio que nos sostén, cooperando sempre que poidamos aportar o noso granciño de area. Ao fin e ao cabo, por este mesmo motivo naceu SOMOSTERRA.

CAMPAMENTO DE VERÁN EN PANXÓN!

Os nenos e nenas de Nigrán poderán desfrutar este verán da natureza da contorna con teatro e cultura. Decidimos unir forzas con Teatro do Ar para sacar adiante un campamento que durante xullo e agosto encherá o CPI Arquitecto Palacios de Panxón de actividades para que os pequenos e pequenas aprendan a desfrutar e a coidar do noso patrimonio natural e tamén cultural.

Neste campamento queremos achegar aos pequenos e pequenas á natureza e a arte a través de actividades de horta,colleitas, excursión e obradoiros e xogos teatrais cun equipo formado por biólogas, educadoras ambientais e actrices para que os nenos e nenas aprendan e desfruten ao máximo do seu verán en Panxón”.

Entre as actividades que se programarán semanalmente hai, entre outras, obradoiros que promoven o coidado do medioambiente, excursións para coñecer a natureza da comarca, obradoiros de cultivo na horta ecolóxica do colexio para aprender sobre sostibilidade e dieta saudable, clases de teatro como ferramenta para a promoción de valores e deportes. As inscricións ao campamento xa están abertas e os prezos van de 200 euros o mes enteiro, 150 euros a quincena, 80 euros a semana e 15 euros días soltos.

Tanto Somos Terra como Teatro do Ar temos ampla experiencia no traballo en valores cos nenos e nenas. Contamos con experiencia en animación infantil e familiar enfocada á educación para a sostibilidade en diferentes centros educativos e concellos, a través de programas educativos e obradoiros presenciais e dixitais. Por outra banda, Teatro do Ar tamén conta cunha dilatada experiencia no traballo con menores a través do teatro tanto en actuacións como na Escola de Teatro de Nigrán.

Podes consultar toda a información neste enlace

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad