fbpx

ODS 4: EDUCACIÓN DE CALIDADE

A educación é o principal medio para que os adultos e menores en situación de vulnerabilidade, saian da pobreza e participen plenamente nas súas comunidades. O dereito á educación permite ao ser humano adquirir coñecementos, destrezas e habilidades para desenvolverse tanto a nivel individual como dentro da sociedade.

Na actualidade, segundo os datos e as cifras da ONU, máis de 265 millóns de nenos e nenas non están escolarizados. O 50% dos nenos no escolarizados viven en lugares de conflitos. Máis de 617 millóns de xoves non teñen un nivel mínimo de alfabetización. Na última década, producíronse importantes avances con relación á mellora do acceso á educación a todos os niveis e tamén aumentou a taxa de escolarización, sobre todo, no caso das mulleres e as nenas. Tamén se mellorou en gran medida o nivel mínimo de alfabetización. 

Porén, coa situación de pandemia e os consecuentes confinamentos, segunda a estimación do PNUD, o 60% de nenas e nenos en idade de escolarización non teñen acceso a internet, e polo tanto, non teñen acceso á educación que estaban a recibir. Esta brecha dixital leva a porcentaxe de desescolarización global a niveles descoñecidos desde a década de 1980.

A continuación presentamos as metas resumidas do ODS 4:

ODS 5: IGUALDADE DE XÉNERO

As mulleres e as nenas representan a metade da poboación mundial e, polo tanto, a metade do noso potencial como humanidade. Con todo, a desigualdade de xénero persiste hoxe en todo o mundo e provoca o estancamento do progreso social.

Os datos e cifras que describen o contexto do ODS 5 son inconcibibles. Segundo a información aportada pola ONU, 200 millóns de mulleres e nenas en 30 países foron sometidas á mutilación feminina. Unha de cada cinco mulleres e nenas sufriron violencia física e/ou sexual por parte dunha parella íntima nos últimos 12 meses. Non queremos insistir nos datos.

Centrarémonos nas metas, tan urxentes como necesarias. Independentemente do lugar onde vivamos, a igualdade de xénero é un dereito humano fundamental. Promover a igualdade de xénero é esencial en todos os ámbitos dunha sociedade sa: desde a redución da pobreza ata a promoción da saúde, da educación e da protección e benestar das nenas e dos nenos. 

A incorporación da perspectiva de xénero nos procesos de desenvolvemento céntrase en analizar e transformar todas aquelas relacións desiguais e de poder, que obstaculizan o goce equitativo dos beneficios do desenvolvemento e a plena participación das mulleres en todos os ámbitos da vida. Un exemplo de este necesario avance vese reflectido no reciente informe “Género y cambio climático. Un diagnóstico de situación no que se trata a inclusión da perspectiva de género de forma transversal no conxunto da política climática. Invitámosvos a botarlle unha ollada, directamente relacionada co ODS 13, Acción polo clima.

Presentamos a continuación o resumo das metas do ODS 5:

En SomosTerra compartimos a visión ecofeminista de que a subordinación das mujeres e a explotación da naturaleza son dúas caras dunha mesma moeda: a supeditación da vida á prioridade da obtención de beneficios dende a mirada patriarcal.

Por elo, centramos a nosa actividade empresarial na acción social enfocada cara á transformación socioecolóxica, o cal radica en impulsar unha profunda transformación nos modos nos que as persoas nos relacionamos entre nós e coa natureza, eliminando as fórmulas de opresión, imposición e violencia, e defendendo a VIDA, entendida desde o seu máximo alcance, a vida de todas as especies.

Se queres coñecer un pouco máis sobre o ecofeminismo:

Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad