fbpx

Programa Agroecoloxía na Escola

 Xa deu comezo o Programa “Agroecoloxía na Escola” no CEIP Mallón. 

Antes do Nadal, o alumnado participou no primeiro Obradoiro “Introdución á horta”. Agora, a horta xa é unha realidade, con seis bancais preparados para seguir aprendendo.

Con este programa educativo poñemos en práctica metodoloxías participativas (aprender-facendo e aprendizaxe baseado en historias) que capacitan o alumnado para o coidado da horta. 

As actividades desenvolveranse principalmente ao aire libre, evitando desprazamentos e os lugares pechados e pouco ventilados.

 

Impactos positivos do programa:

    • Creación de áreas verdes no centro educativo, evitando o crecemento de especies invasoras, favorecendo a biodiversidade, mantendo a estrutura do solo e facilitando a polinización. 
    • Acceso a cultivos sanos e frescos que mellorarán os hábitos alimenticios do alumnado. 
    • Coñecemento cultural sobre a agricultura e o cultivo tradicional de Galicia (refráns, sementes autóctonas, cantigas, tradicións populares…)
    • Fonte de educación ambiental para comprender a relación das persoas, o medio e os demáis seres vivos. 
    • Actividades totalmente prácticas e manipulativas que fomentan o traballo autónomo, o pensamento crítico e a creatividade. 
    • Aumento da curiosidade pola ciencia e agroecoloxía, mostrando a relación que gardan coa vida cotiá para perder o medo aos estudos sobre ciencia.
    • Posta en práctica da sensibilización ambiental, a soberanía alimentaria e o consumo responsable para promover o desenvolvemento sostible. 
    • Fomento do interese pola experimentación,  buscando que o alumnado aprenda a razoar, a crear hipóteses e a verificalas mostrando as interrelacións dos seres vivos e o medio (beneficios dos insectos para o cultivo, a importancia da estrutura do solo, a relación do clima e horta..).
    • Contribución directa coa meta 4.7 do ODS 4 Educación de calidade.

Que máis estaremos tramando co alumnado?

    • Coidado da horta,  sementeira e colleita dos cultivos durante todo o ano. 
    • Actividades complementarias de horta: tratamentos biolóxicos, fertilización orgánica e consevación dos excedente da horta (embotados, marmeladas e fermentos) 
    • Tratamento de residuos (compostaxe e economía circular) 
    • Identificación e beneficios da fauna e flora local (usos tradicionais das plantas aromáticas e medicinais, elaboración dun herbario…) 
    • Diagnóstico da pegada ecolóxica do centro educativo (pegada de carbono, hídrica…)
Traducir »
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Ver Política de cookies
Privacidad